InicioSociedadeO cuarto mandato de Abel Caballero arrinca con protestas: "Menos dinosetos e...

O cuarto mandato de Abel Caballero arrinca con protestas: “Menos dinosetos e máis bombeiros”

Un grupo de bombeiros concentrouse na Praza do Rei, ás portas do auditorio municipal onde se celebraba o pleno de constitución da Corporación e a investidura do alcalde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo de bombeiros de Vigo protagonizou este sábado unha protesta na Praza do Rei, ás portas do auditorio municipal onde se ía a celebrar, minutos despois, o pleno de constitución da Corporación e o acto de investidura do alcalde, Abel Caballero.

Uns 20 funcionarios, que portaban pancartas con lemas como “Vigo non ten bombeiros”, concentráronse e representaron o seu enfado co goberno vigués coa queima simbólica ‘ao bonzo’ dun deles, mentres berraban consignas como “Bombeiros explotados” ou “Menos dinosetos e máis bombeiros”.

A protesta deste sábado é un capítulo máis das mobilizacións que os bombeiros da cidade olívica levan a cabo desde hai meses para reclamar máis efectivos. Así, segundo lembrou o delegado da CIG, Miguel Uclés, os bombeiros de Vigo sofren a “imposición” dun “decreto ilegal” que lles obriga a facer xornadas de ata 14 horas por falta de persoal.

Uclés denunciou que os bombeiros “caen” por problemas físicos e psicolóxicos derivados da sobrecarga de traballo e do feito de que o persoal está envellecido. “Queremos que Vigo sexa unha referencia en seguridade”, asegurou, e lamentou que, a pesar das súas protestas, o goberno municipal non deu resposta ás súas demandas.

Así, lamentou que o xefe de departamento de Seguridade “fai oídos xordos” ás necesidades do servizo e, en lugar de pór solucións, “castiga” aos bombeiros.

ÚLTIMAS

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a...