InicioSociedadeO PSdeG recuperará a alcaldía de Tui grazas ao apoio do BNG...

O PSdeG recuperará a alcaldía de Tui grazas ao apoio do BNG e En Marea

As negociacións para a posible conformación dun goberno de coalición entre o PSOE, BNG e En Marea aínda continúan en marcha.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cabeza de lista da candidatura do PSOE en Tui, Enrique Cabaleiro, será investido alcalde da localidade este sábado e, deste xeito, volverá estar á fronte do goberno local grazas ao apoio dos concelleiros do BNG e En Marea.

Segundo trasladaron fontes das distintas formacións a Europa Press, as formacións de esquerda permitirán que Enrique Cabaleiro, que xa foi alcalde entre 2015 e 2017, volva situarse á fronte do Consistorio. Así mesmo, as negociacións para a posible conformación dun goberno de coalición entre o PSOE, BNG e En Marea aínda continúan en marcha.

Nas eleccións do pasado 26 de maio, o PSOE obtivo 8 concelleiros, seguido polo PP, con 3, e Ciudadanos, con 2. Ademais, o BNG conseguiu 2 edís e Converxencia 21 e En Marea, un cada un. Alternativa Tudense, Son de Tui, BNG, Converxencia 21 e Alternativa Popular de Tui permitiran que o candidato socialista fose investido en 2015. No entanto, unha moción de censura de Converxencia 21, apoiada polo PP, Alternativa Popular de Tui e Cidadáns Tudenses, permitiu a Carlos Vázquez Padín arrebatarlle a Alcaldía.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón unha declaración institucional para condenar o ataque de Israel á flotilla humanitaria

O BNG de Vigo anunciou que este mércores levará á xunta de portavoces do...

Abel Caballero acusa a Deputación de Pontevedra de reter seis millóns de euros para obras dixitais e a reforma de Balaídos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, abriu este martes unha nova fronte contra a...

Sanidade inviste 1,8 millóns de euros na nova área de cirurxía maxilofacial do Hospital Meixoeiro

A Consellería de Sanidade adxudicou por case 1,8 millóns de euros as obras da...

CIG volve manifestarse para pedir un novo convenio do metal con críticas a UGT e Comisións por “venderse”

A Confederación Intersindical Galega (CIG) saíu de novo este martes á rúa en Vigo...