InicioSociedadeUn descoido en Vigo ao abrir o exame de galego de selectividade...

Un descoido en Vigo ao abrir o exame de galego de selectividade antes de tempo obriga a cambiar a proba en toda Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O primeiro día da selectividade en Galicia saldouse con normalidade no desenvolvemento das probas, aínda que a xornada da tarde contou con algunha anécdota que chegou a afectar a toda a comunidade autónoma, en concreto, durante o exame de Lingua Galega II.

A proba estaba prevista para as 15,30 horas, pero un descoido nunha comisión en Vigo levou a abrir antes de tempo o paquete no que levaban os exames, o que obrigou a cambiar o cuestionario por outro de reserva en todos os centros.

Esta incidencia obrigou a atrasar a proba, pero apenas uns minutos. Segundo explicaron desde a CIUG, este tipo de casos obrigan a dar a orde de substituír o modelo titular por un exame alternativo, por unha cuestión de “garantías” e de seguridade” e para evitar o perigo de que as preguntas circulen antes de tempo.

A pesar deste leve atraso, o caso non pasou de ser un pequeno descoido e unha anécdota máis deste tipo de xornadas, e os exames desenvolvéronse con total tranquilidade.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...