InicioSociedadeOs xulgados vigueses acumulan 20.063 casos sen resolver, un "récord histórico"

Os xulgados vigueses acumulan 20.063 casos sen resolver, un “récord histórico”

Procuradores de Vigo reclaman novas funcións para axilizar a xustiza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Procuradores de Vigo solicitaron un cambio lexislativo que lles permita ampliar as súas funcións nos xulgados e axilizar os trámites na administración de Xustiza. A iniciativa segue a propulsada polo Consello Xeral de Procuradores de España para mellorar o funcionamento de xulgados de toda España.

Vigo é un caso especial, ao ser unha das cidades españolas de entre 250.000 e 500.000 habitantes que máis preitos xudiciais xera e que acumula un maior atasco. A peche de 2018, os xulgados vigueses presentan a súa marca histórica de asuntos sen resolver (en trámite) cun total de 20.063 asuntos, un 66% máis que fai catro anos, tras crecer un 31% no último exercicio”, explicou o Colexio de Procuradores de Vigo nun comunicado, tras celebrar este fin de semana a súa reunión anual.

Para eles, o cambio lexislativo outorgaría aos profesionais procuradores poderes para a execución de embargos e dilixencias, así como a entrega de notificacións baixo control xudicial. En Vigo, a modificación multiplicaría a capacidade do servizo común dos xulgados, a día de hoxe con 15 profesionais, ao pór ao seu servizo os 150 procuradores da cidade.

É necesaria unha reforma integral da administración de xustiza na que os procuradores teñamos un rol fundamental. Se se nos outorga a posibilidade de realizar as execucións baixo control xudicial, poderemos axilizar os trámites á vez que os funcionarios teñen espazo para asumir o resto da súa carga de traballo”, indicou o decano do Colexio de Procuradores de Vigo, José Antonio Fandiño.

Neste sentido, a xunta directiva do Colexio de Procuradores xa concertou novas reunións para as próximas semanas co alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, así como cos novos representantes da provincia no Congreso dos Deputados para promover o cambio legal necesario para aumentar as competencias dos procuradores e conseguir axilizar a Administración de Xustiza.

NOTIFICACIÓNS

Os 151 procuradores da cidade olívica xestionaron un total de 1.125 notificacións diarias no últimos seis meses e máis de 94.000 escritos, superando a localidades como Bilbao ou A Coruña en cifras de asuntos xudiciais ingresados en 2018.

En setembro de 2018, a nova xunta directiva do Colexio de Procuradores puxo en marcha unha nova páxina web (www.colegioprocuradoresvigo.es) para achegar a procura á sociedade. A renovada presenza dixital inclúe tamén un colexio virtual para que os profesionais compartan documentos, opinións e materiais.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...