InicioSociedadeEstas son as reivindicacións do médicos de Atención Primaria da área de...

Estas son as reivindicacións do médicos de Atención Primaria da área de Vigo que xustifican a folga

Demandarán, mediante o paro que se celebrará os días 21 e 22 de maio, persoal específico para as ambulancias do 061.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Médicos de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo demandarán, mediante a folga que se celebrará os días 21 e 22 de maio, persoal específico para as ambulancias do 061 para evitar que os facultativos que traballan nos centros se vexan obrigados a abandonalos durante a súa xornada laboral.

Segundo se recolle no documento no que se presenta a convocatoria dos paros, acordados este luns nunha asemblea composta por máis de 160 profesionais, tamén se reivindicarán o acceso á tecnoloxía diagnóstica “nas mesmas condicións” que os traballadores que exercen a súa función nos hospitais.

Ademais, esixirase ao Sergas o “cumprimento” do plan de necesidades e do instrumental remitidos en 2018 á xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI), cuxa dimisión tamén se contemplou entre as principais demandas.

En canto á atención aos pacientes, os médicos aspiran a contar cun número limitado de consultas e a que cada unha delas se desnvolva, como mínimo, durante dez minutos.

Adicionalmente, os facultativos da área sanitaria de Vigo reclamarán “a eliminación das e-consultas” e o mantemento da derivación presencial “para todas as especialidades”, así como a supresión das caixas de correos virtuais.

Entre as súas reivindicacións tamén se incluirán unha demora máxima de 45 días para as consultas externas en Atención Hospitalaria e o acceso ás probas diagnósticas, ademais de que as consultas preferentes sexan decididas polo médico de Atención Primaria cunha espera máxima de 15 días.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...