InicioSociedadeA folga dos médicos de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo...

A folga dos médicos de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo celebrarase os días 21 e 22 de maio

Entre as súas principais reivindicacións atópanse a dimisión da actual xerencia da EOXI e a garantía dun tempo mínimo de 10 minutos por consulta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A folga convocada polos médicos do servizo de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo celebrarase os próximos días 21 e 22 de maio.

Así o acordaron no marco dunha asemblea que tivo lugar este luns na cidade olívica, onde os máis de 160 facultativos asistentes votaron, en primeiro lugar, se os paros levarían a cabo e, posteriormente, as datas nas que se realizarían. Tamén se expuxo que ambos os días teñan lugar concentracións na rúa Rosalía de Castro e, ademais, o 22, outra xunto ao farol da rúa Urzáiz.

Entre as súas principais reivindicacións atópanse a dimisión da actual xerencia da EOXI e a garantía dun tempo mínimo de 10 minutos por consulta. A realización dos paros foi unha das medidas propostas polos facultativos desta área sanitaria no marco dunha asemblea que tivo lugar despois da desconvocatoria da folga fixada para os pasados 9, 10 e 11 de abril.

O desestimiento dos paros fora acordado por parte do comité de folga de Atención Primaria –no que estaban representados a Coordinadora, UGT, CIG, CSIF, CESM, CC.OO. e O’Mega— en virtude dunha negociación alcanzada co Sergas.

Así mesmo, a semana pasada, o Colexio oficial de Médicos da provincia de Pontevedra recolleu a petición de facultativos da área sanitaria da cidade olívica para pedir amparo por unha suposta vulneración das normas deontolóxicas no relativo á calidade da atención, entre outros aspectos.

En concreto, o pleno da Xunta do colexio médico solicitou o amparo da Comisión Central de Deontología, Dereito Médico e Visado, a instancias do escrito presentado por facultativos de Medicina Familiar e Comunitario e de Pediatría de Atención Primaria, e ante o que o organismo considera que “pode constituír unha vulneración das normas deontolóxicas”.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...