InicioSociedadeVigo lembra a Déborah Fernández cun acto para esixir que se reabra...

Vigo lembra a Déborah Fernández cun acto para esixir que se reabra o caso 17 anos despois da súa morte

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Porta do Sol de Vigo acollerá este martes, a partir das 20,00 horas, un acto de recordo en memoria da moza Déborah Fernández Cervera, cuxa morte segue sen resposta 17 anos despois, e no que haberá música, poesía e arte.

A familia da moza, cuxo cadáver apareceu nunha cuneta do Rosal en maio de 2002, organizou esta concentración e leva semanas recollendo firmas na plataforma change.org para pedir que se reabra o seu caso, aínda sen resolver –superaron xa os 225.000 apoios-

Segundo insisten os seus achegados, que están a solicitar documentación para solicitar xudicialmente a reapertura da investigación, “achégase a data de prescrición do delito”, e queren demostrar “a inxustiza e desidia” coa que se levou este caso, polo que non se chegou a imputar formalmente a ninguén, e que pasou por varios xulgados antes do seu arquivo provisional.

A familia de Déborah quixo organizar así un acto para agradecer o apoio de todos os cidadáns na súa loita por reabrir o caso, e “aproveitar a ocasión para ensinar a faceta máis persoal de Déborah, a arte en estado puro”.

Por iso, na concentración deste martes participarán de forma desinteresada numerosos artistas: o artista urbano Powone USC, que pintará un retrato de Déborah; e varios músicos e bandas (Patricia Moon, Carolina Gutiérrez, Daniela DiCostas e Lorena Freijeiro as bandas Maldito Murphy ou A Síndrome de Penny Lane, ou o rapero Mancloy). O acto finalizará cunha ofrenda floral.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...