InicioSociedade'Medrando en Familia': un ano máis o Concello de Tomiño apoia a...

‘Medrando en Familia’: un ano máis o Concello de Tomiño apoia a crianza dos máis cativos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Programa de Educación e Apoio Familiar do Concello de Tomiño vén de diversificar a oferta de actividades que promoven a estimulación temperá, e consolida Medrando en Familia coma un recurso efectivo na crianza.

O fin que se pretende acadar a través deste proxecto de intervención socio comunitaria centrado nas familias con menores de 6 anos é estimular o establecemento de pautas básicas de organización familiar”. Con estas palabras a concelleira de Benestar, Cristina Martínez, define o espírito do Programa Medrando en Familia, cuxa edición 2019 inclúe varias novidades, tanto en contido, coma na forma de poñelo en práctica.

‘Medrando en Familia’ ao longo do 2018 deu resposta a 60 familias e aos seus menores, diversificando a oferta de actividades que promoven a estimulación e a participación social, ademais de ser un recurso moi efectivo para a crianza en positivo, dotando de ferramentas moi útiles ás familias.

“Este é un proxecto que fomenta hábitos de comunicación entre nais, pais e fillos/as; pautas de relación que promovan a estimulación temperá e que axuden a evitar a marxinación social e a pobreza familiar no eido educativo, así como a detección en estadios temperás de disfuncións”, continúa a explicar a concelleira.

Medrando en familia’/ Concello de Tomiño

A primeira proposta para o 2019 é un encontro: “Estratexias para unha crianza en positivo”, os luns 8 e 22 de abril ás 19.00h na Casa da Cultura. A esta cita séguenlle outro encontros de primeiros auxilios na infancia, teatro e dous obradoiros de estimulación temperá.

Froito da análise e da experiencia acumulada do Programa de Educación e Apoio Familiar, co obxectivo de dar resposta a ese intervalo de poboación que conforma a primeira infancia e a rede familiar, deseñouse un programa a finais de 2017, que comezou no ano 2018 baixo a denominación de Medrando en familia, no que se promove a estimulación en sentido amplo, a adaptación da intervención ás necesidades da familia, propiciando aprendizaxes e cambios significativos na súa contorna.

Contémplanse por un lado espazos de encontro de carácter grupal, nos que se abordan inquedanzas colectivas, e, por outro, obradoiros de traballo en familia, que se complementan coa intervención individualizada no entorno familiar, cando se detectan disfuncións.

Ademais, este ano se puxo en marcha un protocolo de intervención psicolóxica domiciliaria, cunha dimensión individualizada e centrada en demandas concretas para superar situacións que non permiten un desenvolvemento harmónico da unidade de convivencia.

Na actualidade hai un total de 8 familias coas que se está traballando, estando esta acción financiada a través dun convenio de colaboración entre o Concello e Obra Social La Caixa.

Outra das novidades é o traballo conxunto que o departamento de Educación Familiar leva a cabo coa Oficina Municipal de Igualdade, coa finalidade de tratar dun xeito integral e coordenado os casos de violencia de xénero e conflitividade familiar, especialmente cando existen menores implicados, e a colaboración no deseño de actuacións conxuntas que promovan o bo trato, o respecto e a educación en igualdade, tanto en menores, coma na mocidade e nais e pais.

Na actualidade máis de 15 familias están sendo atendidas de xeito coordenado entre ambos programas, valorando moi positivamente a eficacia da intervención.

ÚLTIMAS

O BNG leva ao Congreso rexeitar a prolongación da A-52 e liberar a AP-9 como “alternativa máis sustentable”

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, defenderá este martes unha proposición non de lei...

Piden 12 anos de prisión para un home por supostamente agredir sexualmente a un menor de 16 anos en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro mércores,...

A Xunta tomará “as accións necesarias” e non descarta a vía xudicial para defender o centro de asociacionismo olívico

A Xunta de Galicia emprendará "as accións necesarias" e non descarta a vía xudicial para defender...

A xuíza denega citar á concelleira de Festas polo accidente mortal de Matamá

A xuíza volveu denegar a citación da concelleira de Festas do Concello de Vigo, Patricia...