InicioSociedadeO primeiro premio do Entroido de Tui queda en Tui

O primeiro premio do Entroido de Tui queda en Tui

A maxia de Pexegueiro leva o primeiro premio absoluto e o primeiro en acompañamento musical no Entroido de Tui.

PUBLICADO O

- Advertisement -

El extraño mundo de la magia de Pexegueiro” da Asociación Entroido de Pexegueiro foi a gañadora no Desfile-Concurso de Entroido celebrado na tarde deste domingo en Tui. Cunha alegoría do mundo máxico de fadas, duendes e outros seres que loitan por unha pócima amorosa fixéronse co primeiro premio do Entroido.   Tamén foron os gañadores o primeiro premio en acompañamento musical e do segundo en carrozas.

Miles de persoas ateigaron esta tarde as rúas de Tui para presenciar o Desfile-Concurso de Entroido.

O segundo  premio do Entroido tudense foi para a recreación da película Shrek “O Mundo de Shrek” realizada pola Asociación En Loureiro Como Sempre de Salceda.  O terceiro premio recaeu en “O circo de Tui” da Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei cunha parodia entre a política local e o circo.  O cuarto posto foi para “Máis que unha feira” da Asociación cultural e recreativa “Arume” de Malvas cunha parodia da chegada a Tui cos cachivaches e as eleccións municipais. O quinto lugar foi para “Borralliño-Soutelo” de Salceda con súa proposta baseada na cultura oriental, o sexto premio correspondeu a “Luces” de Tomiño cunha comparsa inspirada no musical do Rei León, e o sétimo correspondeu a “Trazos Festival” de Redondela.

A carroza do Mundo Mundo de Shrek gañou o primeiro premio en carrozas, seguida de ”El extraño mundo de la magia de Pexegueiro”, que foi segunda, e da carroza de Luces de Tomiño que foi terceira seguida. O cuarto posto correspondeu ao Borralliño de Soutelo, de Salceda, quinta en carrozas foi Trazos Festival de Redondela, e sexta Máis que unha Feira de Malvas.

En acompañamento musical con música en directo os premios foron para “El extraño mundo de la magia de Pexegueiro”, “O circo de Tui” e “Máis que unha feira”.  Por último en Fantasía o premio foi para a comparsas “Vinciocas” da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios, Gondomar, pola súa recreación da película Gnomeo e Xulieta.

O Entroido despedirase en Tui o próximo domingo, 24 de marzo, ás 19.30 h co Enterro do Bacallau que sairá  dende a Praza de San Fernando.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...