InicioSociedadeCaballero advirte: se se imparte o Grao de Robótica en Lugo, "haberá...

Caballero advirte: se se imparte o Grao de Robótica en Lugo, “haberá que implantar Medicina en Vigo”

Avoga por non romper os consensos entre universidades e deixou caer certa diferenza no trato para unhas e outras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que, se o campus de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) acolle o Grao de Robótica -formación que se imparte na cidade olívica-, tamén “haberá que implantar (o Grao de) Medicina en Vigo”.

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves, o rexedor avanzou así que se porá en contacto co reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, co fin de abordar esta situación e co obxectivo de transmitirlle o apoio do Concello respecto diso.

Neste sentido, Abel Caballero considerou que o campus de Lugo debe ter a “atención universitaria” necesaria para o desenvolvemento da súa oferta formativa, pero non se iso supón “romper os consensos” acordados entre as universidades. Nesta liña, reivindicou a importancia dos acordos entre as institucións de ensino superior e preguntouse se se aplican “para uns si e para outro non”.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...