InicioSociedadeLola Meno, herdeira da tradición celta: "Non te ergues un día sendo...

Lola Meno, herdeira da tradición celta: “Non te ergues un día sendo meiga, precisas aprender”

"Cando unha o fai ben o beneficio é para todas, cando engaña á xente a merda nos salpica e se reparte", subliña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xornal de Vigo vén de falar con Lola Meno, que exerceu laboralmente como meiga durante tres décadas, de temas tan apaixoantes como a tradición celta, a maxia, a incertidume ante o devenir ou o poder da Igrexa. Coñecímola en Caledonia Yoga (Rúa Torrecedeira, 26) onde impartiu unha charla sobre tarot, ademais de asistir a unha clase de ioga.

P- Considera que hai diferenzas entre unha bruxa e unha meiga?

R- Na lingua somos económicos e non inventamos dúas palabras para unha mesma cousa. Unha meiga é unha sacerdotisa da antiga relixión celta. Hai unha meiga por cada zona, no Bierzo, en Braga, Asturias…

E non te ergues un día sendo meiga, precisas aprender, ter unha mestra e pasar as probas iniciáticas. Forma parte dunha tradición hermética. Só hai 4 meigas na antiga Gallaecia. A meiga é unha coñecedora, unha sabia, e a bruxa unha mera repetidora de sabedoría recompilada, por exemplo en libros. A acción da meiga non é xeral, sabe como actuar e falar para cada persoa e momento preciso. Non vale sempre a mesma solución.

Cada meiga só pode preparar a outra ao longo da súa vida, e ensinar calquera das mancias. A que saque queda como representante da liña á que pertence. Se esta candidata escollida non estivera á altura, queda maldita toda a liña. Algunhas deciden non ensinar, pero non hai problema porque o resto se encargarán entón de buscar a sucesora da devandita liña.

P- Hai homes meigos?

R- Na lenda artúrica hai unha meiga, Morgana, e un druída, Merlín. O home ten sabeduría, ten o coñecemento, pero non pode facer maxia, porque non dá a vida.

P- Cales son as distintas ‘asignaturas’ dunha meiga?

R- No tempo que os médicos non pertencían á Seguridade Social e non había cuarteis da Garda Civil, as meigas eran axentes de paz, que curaban ao gando, tiñan os coñecementos das herbas e estacionais, facían astroloxía, interpretaban polas vísceras, as cartas ou as mans…

Lola Meno/ Miguel Núñez

P- Por que se lle dá tanta relevancia ás cartas?

R- As cartas non son importantes, se eu tiro as cartas, e en 5 minutos as tiro de novo, as cartas que aparecen son distintas. O importante é o que proxecta a persoa nas cartas como podería proxectalo nunha parede en branco.

Eu teño 64 anos, hai máis de 30 que me adico a isto. Facía un programa en Antena 3, no que botei as cartas todos os días da semana durante 6 anos. A xente non ten toda a información necesaria para tomar decisións, e chamaba para ter seguridade do que vai  acontecer.

Desde o home de Cromagnon os asuntos seguen a ser os mesmos, o home das cavernas preguntaría pola caza e os seus riscos, polo clan, as femias, por un asentamento seguro dos inmigos; o home actual por problemas de traballo, a súa familia, o amor ou se poderá pagar a hipoteca. As inquietudes son as mesmas. E cando empecei non estaba ben visto, as persoas que se adicaban a isto o facían de tapadillo.

P- Que opina da ‘competencia’?

R- “Para facer ben o traballo hai sitio de sobra, para facelo mal mellor que se larguen. Cando unha o fai ben o beneficio é para todos, cando engaña á xente a merda nos salpica e se reparte. Pero, das meigas, non hai ningunha que o faga mal.

Eu respondo por min, o meu nome de traballo sempre foi Lola, e cambiei tamén a Lola o nome de DNI. Un exemplo de que eu respondo do que fago a nivel profesional, o tiña que facer ben porque se non non podería ir coa cabeza erguida pola rúa. Agora levo 8 anos retirada por problemas de saúde, aconsello xa aos netos nalgunha familia onde me consultaron nais e fillos. Porque non podo exercer, pero falar si (ri).

A nivel profesional, a mancia coa que me defendín foi a cartomancia, o tarot, aunque nunha consulta desenvolvas tamén outros coñecementos, como a sanación.

P- Que lle diría a quen non cre nas meigas?

R- Por que teño que convencer a ninguén de nada? Grazas a Deus eu non teño ninguén por riba miña que me diga en que teño que crer, aínda que agora estén a crecer as víboras. Cando os Testigos de Jehová veñen canda min e me veñen co de falar de Deus eu contesto que non falo de quen non está presente. A miña verdade é a miña verdade, se a compartes xenial, se non tamén estás no teu dereito.

P- Houbo persecusión ás meigas durante a ditadura?

R- Ao revés, durante as ditaduras as rivalidades están á orde do día, e é mellor saber quen te vai apuñalar, quen te vai facer a cama e largarte. Os ditadores son os mellores clientes, e tamén houbo clientela no goberno da Transición, e durante os 80 e 90.

P- Que opina de quen afirma que os celtas non pisaron Galicia?

R- Esa xente que te di que non houbo celtas, que explique por que están alí os castros. O outro día asombreime ao ler sobre a cantidade de mestura coa raza arábiga que hai en Galicia, cando en teoría pensaba que estiveran pouco tempo, pero a maior incidencia árabe, ademais de en Al-Ándalus, foi na Comunidade Valenciana, Aragón e Galicia.

Os ataques viquingos tinguiron de loiro o cabelo de moitas xeracións de pobos costeiros, onde tanta xente é loira. E moita da xente de Vigo ten raíces ourensás, cidade tan relacionada cos xudeus, onde hai ouro hai xudeus. Os meus apelidos maternos son xudeus ámbolos dous.

En Málaga hai moitos loiros, Pablo Alborán, Marisol, Malú, instalárase en tempos unha colonia inglesa. Máis aló dalgún buraquiño rincóndito do Amazonas, non hai lugar ao que non chegara ninguén.

P- Como foi a relación das meigas coas grandes relixións?

R- O rei Salomón, considerado o máis sabio rei que tiveron os xudeus, acudía ao oráculo e ás mulleres sabias. Foi o seu fillo, David, quen dixo que estas consultas “non estaban ben”. E o cristianismo, en canto se aliou co poder, tivo a influencia como para poñer e quitar reis, de alí que Inglaterra se revelara, ou Lutero. Houbo papas nomeados aos 6 anos, ou cando os Borgia tres papas á vez.

A Igrexa acusou de bruxas a mulleres que non tiñan marido nin pai, pero si herencia, para quedar cos bens, que en estes casos tornaban propiedade da Igrexa, polo que non é difícil entender como chegou a ser tan rica. O procedemento era simple: te mergullaban na auga, e se floraba era bruxa. Se non, morrías.

ÚLTIMAS

Abren dilixencias previas por verteduras da cidade deportiva do Celta tras denuncias ecoloxistas

O Xulgado de Instrución número 2 de Vigo notificou a Ecoloxistas en Acción a apertura de dilixencias previas...

Atopan unha nova alga moi invasora na ría de Vigo

O grupo de investigación BioCost, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade...

Revogado o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sustentable da Uvigo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a orde coas revogacións dun...

Cae un mozo 22 anos desde un tellado mentres contemplaba os lumes de Bouzas

Un mozo de 22 anos, con iniciais M.B.G., tivo que ser trasladado polos servizos...