InicioSociedadeFinaliza a demolición das instalacións da Pirotecnia 'La Gallega', causante da explosión...

Finaliza a demolición das instalacións da Pirotecnia ‘La Gallega’, causante da explosión de Tui

A traxedia de Paramos rematou coa vida de dúas persoas e causou numerosas desfeitas materiais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui informou este venres de que xa finalizaron as obras de democilición da totalidade das edificacións que compuñan a pirotecnia ‘La Gallega’, do mesmo dono –en prisión provisional– que o almacén ilegal de material explosivo que estoupou no barrio de Paramos o pasado maio, acabando coa vida de dúas persoas e causando numerosas desfeitas materiais.

O Consistorio trasladou que xa notificou ao Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra que a demolición das instalacións da parroquia de Baldráns, en Tui, terminou, cumprindo así “escrupulosamente” o ordenado nun auto xudicial.

Trátase do auto do pasado 16 de novembro no que este xulgado sinalou “expresamente” a obrigación de demoler “todas as construcións obxecto do proxecto de legalización autorizado pola licenza de obras maiores anulada”.

Este proxecto de demolición, segundo indicou o Concello, como indicaba o informe dos servizos técnicos municipais, amparaba a totalidade das edificacións das instalacións da pirotecnia da parroquia de Baldráns, en Tui.

ÚLTIMAS

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Condenado un avó a 5 anos por abusar sexualmente da súa neta menor de idade en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación de...

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...