InicioSociedadeAs familias de Vila Laura volven protestar en Vigo: “Estamos a pedir...

As familias de Vila Laura volven protestar en Vigo: “Estamos a pedir persoas para atender a persoas”

A ANPA reclama a incorporación da terceira mestra de apoio e denuncia que, 23 días despois do inicio do curso, a praza segue sen cubrirse nun centro con dez aulas de Infantil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As familias da Escola de Educación Infantil Vila Laura de Vigo volveron concentrarse este venres ás portas do centro para reclamar a incorporación da terceira mestra de apoio, e lembraron que, 23 días despois do inicio do curso, esta demanda segue sen cubrirse. A ANPA volveu denunciar que a falta desta profesional obriga a recorrer ás especialistas de Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL), que teñen que detraer tempo da atención ao alumnado que precisa destes apoios. As familias lembraron tamén que o centro funciona porque “os seus profesionais fan un esforzo enorme todos os días”, pero advertiron de que “conseguir que un centro abra as súas portas e resolva cada incidencia non pode ser a medida para decidir se ten persoal suficiente”.

RECLAMAN UNHA TERCEIRA DOCENTE PARA DEZ AULAS

O centro conta con dez aulas e, atendendo ao criterio dun docente de apoio por cada tres unidades de Educación Infantil —e tendo en conta que o curso pasado contou con tres profesionais—, as familias reclaman a incorporación da terceira mestra. “Non estamos a pedir máis actividades, novas instalacións nin un privilexio. Estamos a pedir persoas para atender a persoas, persoas que teñen dous, tres, catro ou cinco anos”, remarcaron.

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través...