InicioSociedadeVigo prohibe o baño na praia da Punta pola presenza de bacterias...

Vigo prohibe o baño na praia da Punta pola presenza de bacterias fecais e Vilagarcía na de O Campanario

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo desaconsella o baño na praia da Punta, situada no barrio de Teis, debido á a detección de bacterias fecais de Escherichia coli nas últimas analíticas realizadas á auga do devandito areal.

Nun comunicado, o goberno local informou de que os servizos municipais comprobaron que a depuradora e a rede de saneamento da zona funcionan correctamente, polo que se están investigando as posibles causas que poidan motivar esta situación.

Será o venres cando se coñeza a nova analítica realizada este mércores pola Xunta de Galicia, engade o Concello. A mesma situación vívese na praia de O Campanario de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Alí, tamén o goberno municipal prohibiu temporalmente o baño ao detectarse niveis de e-coli superiores aos permitidos. Tamén se realizou unha nova análise e nos próximos días coñecerase o resultado dos mesmos.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...