InicioSociedadeO Marisquiño leva os hoteis de Vigo ao 100 % de ocupación...

O Marisquiño leva os hoteis de Vigo ao 100 % de ocupación durante a fin de semana

Abel Caballero asegura que o venres e o sábado todos os hoteis da cidade estiveron completos e cualifica o verán de “turisticamente excepcional”.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que os hoteis da cidade acadaron esta fin de semana o 100% de ocupación, coincidindo coa celebración de O Marisquiño, que se desenvolveu en Samil desde o xoves ata o domingo. Nun audio remitido aos medios de comunicación, o rexedor afirmou que tanto o venres como o sábado se rexistrou un “récord” de ocupación, con “todos os hoteis completos”. Caballero atribuíu estes datos ao tirón de O Marisquiño, sumado a outras propostas culturais celebradas na cidade, como o concerto de Abraham Mateo e a representación de “Nabucco” en Castrelos.

UN VERÁN “TURISTICAMENTE EXCEPCIONAL”

Para o alcalde, este verán está a ser “turisticamente excepcional” en Vigo, cunha intensa programación cultural e de lecer que, segundo defende, está a ter un impacto directo na ocupación hoteleira. Caballero lembrou ademais que o Concello de Vigo destinou 1,35 millóns de euros a O Marisquiño, un dos grandes eventos do calendario estival da cidade. O festival de cultura urbana volveu así a converterse nun dos principais reclamos da fin de semana en Vigo, cunha alta afluencia de visitantes e cun impacto que, segundo o rexedor, se deixou notar especialmente no sector hoteleiro.

ÚLTIMAS

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...

Vigo reclama unha AP-9 pública, galega e sen peaxes e pide anular a última prórroga da concesión

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do BNG na...