InicioSociedadeDetido un home en Vigo por supostamente agredir a súa parella durante...

Detido un home en Vigo por supostamente agredir a súa parella durante as festas de Teis

A muller relatou á Policía Local que xa sufrira outros episodios de violencia física e que o home tamén golpeou varias persoas que trataron de separalos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 53 anos foi detido durante a madrugada deste martes en Vigo por supostamente agredir a súa parella durante unhas festas patronais celebradas no barrio de Teis. Segundo informou a Policía Local de Vigo, os feitos producíronse arredor das 02.30 horas na rúa Hermanos Misioneros Pobres. Os axentes que se atopaban na zona para garantir a seguridade durante as festas observaron varias persoas discutindo de maneira acalorada na vía pública.

Os policías achegáronse ao tumulto e as persoas presentes explicáronlles que se iniciara unha pelexa despois de que un home agredise unha muller. Ao falar coa suposta vítima, esta confirmou que fora atacada pola súa parella sentimental. Segundo o seu relato, o home tamén golpeou outras persoas que interviñeron para tratar de separalos.

A muller manifestou ademais que xa sufrira anteriormente outros episodios de violencia física por parte da súa parella. Ante esta situación, os axentes localizaron e detiveron o suposto agresor. A Policía Local instruíu as correspondentes dilixencias, que foron remitidas á autoridade xudicial competente.

ÚLTIMAS

O Marisquiño chega o seu final cun domingo decisivo para os títulos deportivos e o concerto de L0rna

A 26ª edición do festival de deportes e música urbana O Marisquiño chega ao...

Recuperar Vigo para a cidadanía

Hai cidades que avanzan porque son capaces de aproveitar o talento colectivo da súa...

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...

Retencións e tráfico lento na AP-9 á saída de Vigo tras unha colisión entre polo menos cinco coches

Os túneles da Madroa da AP-9 volveron a ser o escenario dunha nova colisión...