InicioSociedadeVigo inicia o Nadal en pleno verán coa montaxe dos seus "12...

Vigo inicia o Nadal en pleno verán coa montaxe dos seus “12 millóns” de luces

Caballero mándalle un "recado" ao "segundo mellor alcalde do mundo", o de Nova York, pedíndolle que veña a Vigo a ver as luces de Nadal. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo comezou este mércores a montaxe das súas “12 millóns” de luces de Nadal, que este ano decorarán 500 rúas da cidade con máis de 7.000 motivos ornamentais. Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, nun acto celebrado esta mañá na Porta do Sol, centro neurálxico do Nadal olívico. Cun arco de Nadal ao fondo, o rexedor puxo en valor a importancia destas festas para a cidade e convidou “toda España” a que se achegue a gozar das luces.

Segundo avanzou, este ano o Nadal de Vigo contará coas “maiores novidades”, con 2.700 árbores adornadas e 1.500 arcos. Con todo, o alcalde non quixo dar máis detalles para que “ninguén os copie”, bromeou. Ademais, o “segredo mellor gardado” é a data do acendido das luces, subliñando que ese día se acenderá o Nadal “en todo o planeta” porque a cidade “creou o Nadal do século XXI”.

Caballero asegurou que o ano pasado unhas 5 millóns de persoas visitaron a cidade durante os dous meses que duraron as festas. Non obstante, animou a todo o mundo a que volva porque vai atopar un Nadal “renovado”. Tamén lle mandou un “recado” ao “segundo mellor alcalde do mundo”, o de Nova York, pedíndolle que veña a Vigo a ver as luces de Nadal.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...