InicioSociedadeCatro acusados de dar unha malleira a un ancián de 92 anos...

Catro acusados de dar unha malleira a un ancián de 92 anos en Vigo aceptan penas de ata 5 anos e medio de cárcere

Os condenados irromperon na vivenda da vítima, en Coruxo, ameazárona cun coitelo e unha pistola e roubáronlle 20.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os catro acusados de agredir un veciño de Vigo de 92 anos na súa casa da parroquia de Coruxo, onde lle deron unha malleira para roubalo, aceptaron penas de cinco anos e cinco anos e medio de prisión nunha vista de conformidade celebrada este mércores na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Segundo recolle o escrito da Fiscalía, os feitos ocorreron na madrugada do 15 de xullo de 2025, cando os acusados acudiron á vivenda da vítima e o ameazaron para esixirlle diñeiro. Para amedrentalo, empregaron un coitelo e unha pistola, e déronlle unha malleira: golpeárono, atárono a unha cadeira e amordazárono. Os acusados remexeron a casa e atoparon un sobre con 20.000 euros que o ancián tiña agochado detrás dun espello.

Así mesmo, quitáronlle unha tarxeta bancaria e esixíronlle que lles facilitase o número PIN. De feito, un dos acusados tentou sacar diñeiro nun caixeiro próximo pouco despois, pero non o conseguiu porque a vítima lle dera un número erróneo. Uns días despois, os procesados volveron presentarse de madrugada no mesmo domicilio. Nesa ocasión, levaron unha furgoneta que o ancián tiña estacionada na súa leira e deixárona horas máis tarde nun descampado.

PENAS DE PRISIÓN E INDEMNIZACIÓN Á VÍTIMA

Por estes feitos, e tras o acordo de conformidade acadado, a Audiencia condenou a Israel C.A. e Jesús C.M. a penas que suman cinco anos e seis meses de cárcere, así como ao pagamento de multas por 360 euros. Foron condenados como autores dun delito de roubo con violencia en casa habitada e con uso de instrumento perigoso, en concurso cun delito de detención ilegal; un delito leve de lesións; un delito de estafa; e un delito de furto de uso de vehículo.

Aos acusados Francisco Javier M.E. e Yago E.C. condénaos polos mesmos delitos, agás o furto da furgoneta, pero aplícaselles a atenuante de toxicomanía. Neste caso, a pena imposta queda en cinco anos de cárcere e unha multa de 180 euros. Finalmente, foi xulgado un quinto mozo, Luis F.G., o único que non está en prisión provisional. O tribunal atribuíulle un delito de furto de uso de vehículo e impúxolle unha multa de 180 euros.

En concepto de responsabilidade civil, a Audiencia condenou os catro procesados principais a indemnizar de maneira conxunta e solidaria a vítima con 20.000 euros polo diñeiro subtraído e con outros 4.000 euros polas lesións e secuelas. A sentenza foi declarada firme pola sala, ao non teren intención de recorrer ningunha das partes.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...

Vigo defende e loita pola súa sanidade pública

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo para esixir a "reconstrución"...