InicioSociedadeDetectado en Vigo un novo caso de gripe aviaria nunha ave silvestre:...

Detectado en Vigo un novo caso de gripe aviaria nunha ave silvestre: Galicia suma xa sete focos este ano

A Xunta confirma a aparición do virus nunha gaivota patiamarela trasladada ao centro de recuperación de Cerdedo-Cotobade e lembra que, por agora, non se rexistrou ningún caso en aves de curral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a detección dun exemplar de ave silvestre afectado pola gripe aviaria no concello de Vigo. Segundo informa a Xunta nun comunicado, trátase dunha gaivota patiamarela, que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade. Finalmente, tras realizar a análise pertinente, o seu cadáver foi eliminado conforme á normativa en vigor.

Con este foco, son xa sete os confirmados en aves silvestres en Galicia no que vai de ano, destacando o Goberno galego que, por agora, non se detectou ningún en aves de curral. O Executivo autonómico lembrou que desde o pasado 1 de abril o Ministerio levantou o confinamento xeral das aves de curral en España tras constatar a mellora da situación de risco por gripe aviaria. Con todo, a restrición mantense nas zonas consideradas de especial risco e vixilancia, afectando a un total de 1.201 municipios de todo o país, 40 deles en Galicia.

En concreto, nesta lista de 40 municipios galegos, os declarados como zonas de especial risco son: A Illa de Arousa, Cambados, O Grove, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa, na provincia de Pontevedra; Xove, na de Lugo; e Cerceda, Ordes e Tordoia, na da Coruña. Como zonas de especial vixilancia están: Cariño, Dumbría, Mazaricos, Ortigueira, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Vimianzo e Zas, na provincia da Coruña; Ribadeo e Trabada, en Lugo; Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos e Xinzo de Limia, en Ourense; e A Guarda, Marín, Meis, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa, en Pontevedra.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...