InicioSociedadeVigo volve apostar forte polo Marisquiño: máis de 1,3 millóns de euros...

Vigo volve apostar forte polo Marisquiño: máis de 1,3 millóns de euros para financiar o festival

O evento de cultura urbana, que se celebrará do 6 ao 9 de agosto en Samil, será gratuíto e reunirá arredor de 1.500 deportistas de máis de 30 países.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo destinará máis de 1,3 millóns de euros para financiar unha nova edición do festival O Marisquiño, que se celebrará entre o 6 e o 9 de agosto nas inmediacións da praia de Samil. Así o sinalou o alcalde, Abel Caballero, tras asinar este martes o convenio de colaboración coa organización para financiar “integramente” o evento deportivo de cultura urbana.

Caballero puxo en valor que se tratará dun festival gratuíto para todas as persoas que decidan acudir, xa que será o goberno local o que o financie. O rexedor subliñou que arredor de 1.500 deportistas de máis de 30 países daranse cita no evento, que acollerá competicións relacionadas co skate, o BMX ou o basket 3×3, entre moitas outras, ademais de concertos e demais actividades.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...