InicioSociedadeA xustiza avala o desaloxo da FAVEC da súa sede na Praza...

A xustiza avala o desaloxo da FAVEC da súa sede na Praza da Princesa por “interese público”

O xulgado de Vigo desestima o recurso da Federación Veciñal e valida a decisión do Concello de recuperar o espazo para a Oficina Municipal de Rehabilitación de Vivenda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal de Instancia de Vigo, a través da sección do Contencioso-Administrativo, praza 2, desestimou o recurso presentado pola Federación Veciñal (FAVEC) contra a decisión do Concello de desaloxala do edificio no que tiña a súa sede, situado na Praza da Princesa, e avalou a actuación municipal ao considerar acreditado o “interese público”.

Na sentenza, o xuíz lembra que a presenza da FAVEC nas oficinas da segunda planta do número 7 desa praza se baseaba nun convenio asinado entre a entidade e o Concello de Vigo. Ese acordo establecía a cesión do dereito de uso das instalacións durante un período de 25 anos, ata 2030, aínda que tamén recollía expresamente a posibilidade de revogar esa cesión por causa de interese público municipal.

Neste caso, o Concello xustificou a súa decisión na necesidade de destinar ese espazo á Oficina Municipal de Rehabilitación de Vivenda, que viu incrementada a súa carga de traballo e tamén os seus ámbitos de actuación nos últimos anos. O xuíz considera xustificado ese interese público, polo que valida a decisión da Xunta de Goberno Local de extinguir a cesión do dereito de uso que permitía á FAVEC ocupar esas dependencias.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...