InicioSociedadeInvestigan un alumno do IES O Castro de Vigo por acceder ao...

Investigan un alumno do IES O Castro de Vigo por acceder ao correo electrónico dunha profesora

Educación confirma que o caso xa está en mans da Policía e avanza que a Inspección valorará medidas no centro, mentres Román Rodríguez apela á urxencia de regular os novos riscos dixitais no ámbito educativo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un alumno dun instituto de Vigo, concretamente do IES O Castro, está a ser investigado por acceder ao correo electrónico dunha profesora. Así o confirmaron fontes da Consellería de Educación consultadas por Europa Press, que subliñaron que este caso “está en mans das autoridades policiais”. A Administración autonómica engadiu, en todo caso, que a Inspección Educativa avaliará as medidas que sexa necesario adoptar no ámbito do centro para garantir a adecuada convivencia.

Pola súa banda, o conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, foi preguntado este mércores sobre esta cuestión nun acto celebrado en Santiago de Compostela, onde insistiu na necesidade de “xerar un marco de convivencia” e de regular este tipo de situacións, que cualificou de absolutamente novas.

O responsable autonómico apelou tamén ao “sentido común” do alumnado e advertiu de que episodios como este reforzan, ao seu xuízo, a necesidade de contar cunha lei de educación dixital en Galicia. “Asuntos ou circunstancias deste tipo fan que sexa máis necesaria que nunca unha lei de educación dixital como na que estamos a traballar en Galicia, que está, digamos, moi avanzada”, afirmou.

Rodríguez lembrou ademais que o asunto xa está a ser abordado tanto polos servizos técnicos como pola Inspección e pola Policía, e incidiu na súa gravidade ao sinalar que se está a falar dun posible delito. “Ás veces, penso que os mozos que fan estas cousas non son conscientes de que están a cometer un delito”, concluíu o conselleiro.

ÚLTIMAS

Vigo rexistrou nas últimas semanas varias denuncias por estafas

A Policía Nacional alertou de novos casos de estafa a través de supostas plataformas...

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a...

Vigo pide ao Goberno unha nova axuda para financiar o bus urbano e Caballero carga contra a Xunta: “Achega 0”

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres solicitar á Dirección Xeral...

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...