InicioMovementos SociaisAlianza pola Vivenda convoca unha manifestación en Vigo polo "dereito a teito"

Alianza pola Vivenda convoca unha manifestación en Vigo polo “dereito a teito”

A organización denuncia unha "emerxencia habitacional" na cidade con prezos medios que superan os 700 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización Alianza pola Vivenda en Vigo convocou unha manifestación este sábado polo “dereito a teito” na cidade, lamentando a “emerxencia habitacional” que vive con “prezos polas nubes”. Representantes da entidade concentráronse ante a sede do Concello para anunciar esta protesta, que partirá desde a Praza de España hoxe sábado ás 18.00 horas e percorrerá varias rúas ata a Delegación da Xunta.

O portavoz da Alianza, Juan Medela, criticou que a media dos alugueres en Vigo supere os 700 euros e siga subindo. Fronte a isto, sinalou que as medidas que están a pór en marcha as distintas administracións non van resolver a situación actual. Así, explicou que a aposta por construír nova vivenda protexida non permitirá alcanzar nin un cuarto dos demandantes de vivenda rexistrados, solicitando medidas que vaian á raíz do problema que, ao seu xuízo, é a especulación.

Por iso, a organización esixiu varias iniciativas, como solicitar que Vigo sexa declarado zona con mercado tensionado e un plan plurianual para que o 15% das vivendas construídas sexan públicas. Tamén reclaman unha moratoria das licenzas de vivendas de uso turístico, a creación dun censo de persoas sen fogar e un incremento nas prazas de residencias para estudantes na cidade.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de...

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...