InicioSociedadeO feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema 'Fronte...

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila, integrada por máis de 60 mulleres e colectivos, chama a saír ás rúas de Vigo este domingo ás 18.00 horas desde a Praza de España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas de Vigo o vindeiro domingo, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’. A organización feminista viguesa, integrada por máis de 60 mulleres e diversas entidades feministas da cidade, naceu coa vocación de impulsar mobilizacións unitarias do feminismo vigués e convocou unha manifestación que partirá ás 18.00 horas da Praza de España.

Baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’ percorreremos as rúas de Vigo coa firmeza que nos dá saber que o feminismo foi, e será, a única opción de supervivencia fronte ao fascismo”, reivindicou a plataforma. As organizadoras advertiron ademais de que non permitirán retrocesos nos dereitos conquistados e denunciaron “a violencia dos poderes racistas e imperialistas que están a percorrer o planeta”.

Resposta Feminista defendeu un feminismo antifascista, antirracista, anticolonial e pacifista, que poña a vida no centro, aposte por servizos públicos fortes, condicións laborais dignas e un recoñecemento real dos coidados. “Rexeitamos os discursos racistas que só sementan medo e sinalan ás persoas migrantes como inimigas”, sinalaron, ao tempo que advertiron de que tampouco aceptarán “discursos de odio que banalizan a violencia machista ou as discriminacións e persecucións que sofre o colectivo LGTBIQA+”.

ÚLTIMAS

O Festival de Cans supera os datos da pasada edición, con 235 obras inscritas

O Festival de Cans, que celebrará o seu XXIII edición na aldea de Cans...

Mar remata as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría de Vigo para avaliar o impacto dos temporais e da baixada da salinidade

A Consellería do Mar concluirá este venres as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría...

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...