InicioSociedadeCaballero anuncia un acordo “moi preto” para recuperar o voo Vigo-Londres e...

Caballero anuncia un acordo “moi preto” para recuperar o voo Vigo-Londres e reta á Xunta e á Deputación a cofinancialo

O alcalde asegura que Peinador terá conexión coa capital británica “con ou sen apoio doutras administracións” e acusa ao Goberno galego de priorizar Santiago.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves o próximo peche dun acordo para que o aeroporto de Peinador volva contar cun voo directo a Londres, e volveu insistir en que a ruta debería ser cofinanciada a partes iguais entre Concello, Xunta e Deputación. Con todo, avanzou que a administración local asumiría o custo íntegro se as outras institucións non participan.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor celebrou que os contactos mantidos con aeroliñas durante a feira Fitur comezan a dar resultados e afirmou que a opción de recuperar a conexión coa capital británica está “bastante avanzada”. “Non queremos renunciar ao voo de Londres e neste momento estamos moi preto de pechalo”, subliñou. Caballero explicou que enviou cartas ao presidente da Xunta e ao da Deputación para que cada administración financie un terzo do custo mediante a licitación dun contrato publicitario. “Espero que a resposta sexa rapidamente positiva”, indicou, aínda que advertiu de que o proxecto seguirá adiante igualmente.

Coa Xunta e coa Deputación, ou sen elas, Vigo terá un voo a Londres”, afirmou o alcalde, quen tamén lanzou unha advertencia política ás outras administracións: “Se se queren sumar serán parte do proxecto, e se non, dirémoslle á cidade que están á contra”. O rexedor volveu cargar contra o Goberno galego ao asegurar que a Xunta financia voos desde Santiago “de forma masiva” e sostivo que a marcha de Ryanair do aeroporto compostelán produciuse porque “a Xunta deixou de pagar”, insistindo na necesidade de equilibrar os apoios institucionais aos aeroportos galegos.

ÚLTIMAS

A Xunta e o Concello coordinarán actuacións para garantir a seguridade na estación de autobuses

A Xunta de Galicia anunciou que coordinará co Concello de Vigo e coa Delegación...

Obras na presa de Eiras interromperán a subministración de auga na área de Vigo este xoves

Obras na presa de Eiras interromperán a subministración de auga en varios concellos da...

O francés Adrien Loron e a chilena Fernanda Gildemeister, vencedores do MTB Downtown no Marisquiño

Marisquiño 2026 proclamou este domingo os gañadores de todas as competicións da súa XXVI...

Protesta de traballadores do comercio Vigo contra o traballo en festivos: “Esiximos tempo para vivir”

Preto dun centenar de empregados do comercio, convocados por Comisións Obreiras, protestou na mañá...