InicioSociedadeO BNG reclama máis persoal no servizo do Padrón de Vigo ante...

O BNG reclama máis persoal no servizo do Padrón de Vigo ante as “colas eternas”

A formación denuncia saturación diaria, esperas de horas e atrasos de ata seis meses nas xestións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG de Vigo solicitou que se reforce con máis persoal o servizo do Padrón no Concello, ante o “colapso e as colas eternas” que rexistra cada día, e advertiu de que as medidas adoptadas polo goberno local mostráronse “insuficientes ou directamente inútiles”. O portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, tras constatar unha nova situación de saturación este mesmo luns, denunciou a presenza de decenas de persoas facendo cola e “agardando durante horas” para facer xestións que son “imprescindibles para a tramitación de axudas públicas, prestacións sociais ou para acceder a dereitos básicos”.

Respecto diso, sinalou que a situación do servizo fai que os cidadáns “perdan mañás enteiras” para ser atendidos, moitos deles estando en situación de vulnerabilidade. “Esta situación nin é puntual nin é excepcional”, advertiu o concelleiro do BNG, que criticou que o goberno local “é incapaz de dar resposta a unha demanda perfectamente previsible”. Por outra banda, o BNG tamén alertou da falta de medios no servizo municipal do Estatística, o que provoca atrasos de ata 6 meses na xestión de solicitudes electrónicas relativas ao Padrón.

Deste xeito, incidiu Pérez Igrexas, condénase á cidadanía a padecer “unha burocracia lenta, ineficaz e desesperante”, a pesar de que o goberno municipal “presume constatemente de modernización administrativa e dixitalización”. Finalmente lembrou que a administración local ten a día de hoxe máis de 250 prazas de persoal pendentes de cubrir, pola falta de execución das ofertas públicas de emprego dos últimos anos, a pesar de que son prazas que existen, que teñen orzamento asignado e que son necesarias para atender de forma “digna” aos veciños.

ÚLTIMAS

Investigan un novo asasinato machista dunha muller en Mos

A Garda Civil investiga como un posible caso de violencia de xénero a morte...

Un aparatoso accidente na VG-20 de Vigo sáldase, de milagre, sen feridos

Un aparatoso accidente ocorrido na tarde deste luns na autovía VG-20 de Vigo saldouse...

Abel Caballero celebra o éxito da campaña de Vigo en Fitur con case 1,7 millóns de visualizacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns o impacto acadado pola campaña...

Detido por denunciar un falso asalto cun puñal para tentar cobrar un seguro bancario

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron un home por facer crer...