InicioEconomíaAbel Caballero celebra o éxito do Nadal de Vigo cunha ocupación hoteleira...

Abel Caballero celebra o éxito do Nadal de Vigo cunha ocupación hoteleira do 87%

O rexedor vigués destaca que a cidade continúa "batendo marcas" de visitantes e asegura que a afluencia turística está a xerar miles de empregos no sector servizos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou que o Nadal da cidade continúa “batendo marcas” tras acadar unha ocupación hoteleira media do 87% durante a pasada fin de semana, xusto antes da celebración do Día de Reis. Segundo as cifras facilitadas polo rexedor nun audio enviado aos medios de comunicación, o venres rexistrouse un 89% de ocupación media, mentres que o sábado a cifra situouse no 85%. Caballero cualificou estes datos como “excepcionalmente altos” para esta época do ano.

Para o alcalde, este éxito turístico ten un impacto directo na economía local, xa que asegura que a campaña de Nadal está a xerar “miles de empregos”. Segundo a súa valoración, este beneficio non só repercute nos hoteis, senón que se estende a outros sectores fundamentais como os restaurantes, cafetarías e o comercio da cidade. O rexedor insiste en que o modelo de Nadal de Vigo consolidouse como un motor económico que mantén a súa forza ata o final das festas.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...