InicioSociedadeUnha malleira en grupo nunha noite de festa en Vigo senta no...

Unha malleira en grupo nunha noite de festa en Vigo senta no banco dos acusados a tres mozos

A Fiscalía pide até 5 anos e medio de cárcere para un dos acusados, federado en boxeo, por deixar unha vítima inconsciente e romperlle a mandíbula á outra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este martes un xuízo contra tres acusados de dous delitos de lesións, por propinar unha malleira a dous mozos nunha zona de lecer da cidade, causándolles lesións e secuelas. Os feitos ocorreron, segundo o escrito de acusación da Fiscalía, na madrugada do 9 de febreiro de 2024, cando os tres acusados, en conivencia con outras seis persoas que non puideron ser identificadas, atacaron a un mozo, cuxa parella fora compañeira sentimental dun dos acusados.

Así, propináronlle empuxóns e tirárono ao chan, onde a emprendérona con el a puñadas e dentadas na cara, os brazos e as pernas. Ademais, un dos procesados, practicante de boxeo (deporte para o que está federado) deulle unha puñada final que o deixou inconsciente. Ese mesmo acusado agrediu tamén a outro mozo, acompañante do anterior, propinándolle unha puñada na cara que lle rompeu a mandíbula e causoulle danos na dentadura.

Por estes feitos, o ministerio público pide que os tres sexan condenados a dous anos e medio de cárcere. A maiores, pide que se impoñan outros tres anos de prisión ao acusado, practicante de boxeo, que deu as puñadas na cara ás vítimas. Para todos os acusados e os dous delitos concorre, sostén a Fiscalía, a circunstancia agravante de abuso de superioridade. Os tres procesados deberán indemnizar ao mozo ao que apalizaron no chan con 7.625,09; e o ‘boxeador’ deberá compensar, a maiores, ao acompañante da vítima, con 12.132,67 euros polas lesións causadas.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...