InicioSociedadePiden que se prohiba a un octoxenario viaxar no bus urbano tras...

Piden que se prohiba a un octoxenario viaxar no bus urbano tras tocarse os xenitais diante dunha menor

"Miraba fixamente para a nena, achegándolle os seus pés, chegando a rozarlle as pernas", di a Fiscalía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Penal 2 de Vigo acollerá este xoves un xuízo contra un home que ten actualmente 81 anos de idade, acusado dun delito de exhibicionismo, tras tocarse os xenitais diante dunha menor cando ambos viaxaban no bus urbano na cidade olívica. A vista estaba sinalada para este martes, pero foi aprazada ao xoves porque o acusado non se presentou.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron na tarde do 23 de novembro de 2023, cando o acusado viaxaba no bus sentado diante da nena, de 14 anos. Mentres trataba de taparse cun maletín de ordenador para non ser visto polo resto de pasaxeiros, comezou a tocarse os xenitais por enriba da roupa, á vez que “miraba fixamente para a nena, achegándolle os seus pés, chegando a rozarlle as pernas”.

Por estes feitos, o ministerio público considérao autor dun delito de exhibicionismo e pide para el 9 meses de cárcere, e prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima por dous anos. Igualmente, solicita a medida de liberdade vixiada durante 2 anos, e que se lle prohiba durante dous anos viaxar no bus urbano de Vigo, ademais da inhabilitación para exercer profesións que leven contacto con menores durante 3 anos.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...