InicioSociedadeSOS Sanidade Pública planea lanzarse ás rúas de Vigo contra o "macrocentro"...

SOS Sanidade Pública planea lanzarse ás rúas de Vigo contra o “macrocentro” pediátrico

A plataforma anuncia unha manifestación antes de fin de ano pola concentración da Pediatría no Olimpia Valencia e alerta dunha "destrución da Atención Primaria", mentres as traballadoras do SAF de Ponteareas manteñen a súa folga por condicións dignas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

SOS Sanidade Pública planea unha manifestación en Vigo contra a concentración do servizo de Pediatría no novo centro de saúde Olimpia Valencia, situado no edificio dos antigos xulgados da rúa Lalín. Así o sinalou este luns uno dos portavoces da plataforma Xesús Araújo, quen apuntou que esta protesta levarase a cabo antes de final de ano.

Ante os medios de comunicación tras reunirse co coordinador federal de Esquerda Unida, Antonio Maíllo, Araújo lamentou que a apertura do novo Olimpia Valencia non só supoña o peche dos ambulatorios de López Moura e de Nicolás Pena, senón tamén unha concentración dos servizos de Pediatría da zona das Travesas. “Queren desestructurar a Atención Primaria”, criticou, insistindo en que desta maneira rómpese un dos seus “principios” que era a “proximidade”.

Noutra orde de cousas, tamén traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Ponteareas reuníronse con Maíllo, quen amosou o seu apoio na folga que levan a cabo desde hai semanas. As empregadas culparon á empresa concesionaria e ao Concello pola súa “nefasta xestión”, reivindicando que “non queren ser funcionarias”, senón que buscan “condicións laborais dignas”.

ÚLTIMAS

Foanpas entrega 7.000 firmas no Parlamento para esixir o fin das aulas segregadas en Galicia

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais (Foanpas) deu este luns un...

Conexións suspendidas e cambios de frecuencia na ría de Vigo polo temporal

As malas condicións meteorolóxicas, con aviso laranxa activado en todo o litoral, e aviso...

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público a tres colectivos da UVigo

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público dos...