InicioSociedadeO xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O xurado unanimemente considera a José Luís M.C. autor do asasinato, pero acepta confesión, medo e alteración psíquica como factores mitigantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo, considerou por unanimidade culpable de asasinato ao acusado José Luís M.C. Non entanto, considerou acreditadas a existencia de tres circunstancias atenuantes: a confesión, a alteración psíquica e o medo, polo que as acusacións tiveron que rebaixar a súa petición de penas.

Así, a Fiscalía pasou de solicitar penas que sumaban case 22 anos de cárcere a penas que suman case 17 anos de prisión polo asasinato e a tenencia ilícita de armas, mentres que a acusación particular igualmente rebaixou a súa petición de penas até sumar case dezasete anos de cárcere. A defensa, pola súa banda, considera que dadas estas atenuantes é posible rebaixar en dous graos as penas solicitadas. Por iso, solicita unha pena de catro anos polo delito de asasinato, e estima que, pola tenencia ilícita de armas, a pena debe ser inferior a tres meses e non cabería a prisión.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...