InicioSociedadeRadiólogos piden ao resto de sanitarios que apoien con protestas a súa...

Radiólogos piden ao resto de sanitarios que apoien con protestas a súa folga

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os radiólogos do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que levan case un mes en folga para reclamar a incorporación dun terceiro facultativo de garda que reforce o seu labor asistencial, lanzaron un chamamento á solidariedade do resto de médicos e persoal sanitario de Galicia. Pídenlles que se concentren este martes, 28 de outubro, ante todos os hospitais galegos como mostra de apoio á súa reivindicación.

Os facultativos do hospital de Vigo levan cinco anos demandando á Xerencia do Servizo Galego de Saúde (Sergas) a incorporación dun terceiro profesional d garda para facer fronte ao incremento de demanda asistencial, pero a Consellería d Sanidade ignorou até agora a súa petición, que non é salarial senón de recursos humanos.

Desde que o pasado 6 de outubro os radiólogos comezaron a súa folga, que ten carácter indefinido, máis de 2.000 probas diagnósticas tiveron que ser suspendidas, co consecuente prexuízo que diso se deriva para os usuarios da sanidade pública galega. As concentracións deste marte serán a partir das 9 da mañá.

ÚLTIMAS

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

O BNG de Vigo pide explicacións sobre o correo que desautorizou o Saltamontes

O grupo municipal do BNG de Vigo esixiu este venres ao goberno local que...

A acusación do accidente do Saltamontes critica que os investigados “bótanse as culpas”

Unha das acusacións personadas na causa polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en...