InicioSociedadeEducación supervisa a apertura dunha investigación por un posible caso de acoso...

Educación supervisa a apertura dunha investigación por un posible caso de acoso a unha nena no colexio Monterrey

Os feitos denunciados refírense a unha situación de acoso sufrida por unha nena de Educación Infantil, por parte dalgúns compañeiros do centro máis maiores, xa de sexto de Educación primaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP confirmou a recepción, o xoves pasado, dunha comunicación alertando dun posible caso de acoso a unha nena de 5 anos nun colexio de Vigo, o centro concertado Monterrey. Fontes do departamento autonómico explicaron que a Inspección Educativa está a supervisar a apertura, por parte do colexio, do correspondente protocolo de acoso escolar para investigar o caso e “avaliar a existencia ou non do mesmo”.

Os feitos denunciados refírense a unha situación de acoso sufrida por unha nena de Educación Infantil, por parte dalgúns compañeiros do centro máis maiores, xa de sexto de Educación primaria. A consellería reiterou a súa posición de “tolerancia cero” fronte a este tipo de condutas e apelou ao “compromiso colectivo” ante comportamentos “contrarios á convivencia”, para seguir actuando “con eficacia e dilixencia” ante calquera caso.

Así mesmo, lembrou que os centros galegos contan con protocolos para intervir, uns protocolos que, segundo se indica aos colexios, deben abrirse “ante a mínima sospeita” para investigar. Ademais, este curso Educación puxo en marcha o Termómetro de Acoso Escolar, “que se suma a outras medidas como os Puntos Laranxa e o reforzo da formación do profesorado”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...