InicioSociedadeDenuncian unha nova agresión a unha profesional sanitaria no Meixoeiro

Denuncian unha nova agresión a unha profesional sanitaria no Meixoeiro

Debido á incidencia do paro, esta traballadora saíu da consulta para informar a pacientes e familiares de que algunhas citas terían que ser reprogramadas, e unha das persoas que se atopaba esperando reaccionou de forma violenta, increpándoa e ameazándoa, segundo a CIG.

PUBLICADO O

- Advertisement -

CIG Saúde denunciou este luns unha nova agresión sufrida por unha profesional nun hospital de Vigo, e insistiu en reclamar medidas preventivas para garantir a seguridade do persoal e para evitar que estas situacións se volvan repetir. Neste caso, tratouse dunha agresión verbal a unha enfermeira do Hospital Meixoeiro o pasado 3 de outubro, no marco da xornada de folga convocada por OMEGA e CESM para reclamar un estatuto marco propio.

Debido á incidencia do paro, esta traballadora saíu da consulta para informar a pacientes e familiares de que algunhas citas terían que ser reprogramadas, e unha das persoas que se atopaba esperando reaccionou de forma violenta, increpándoa e ameazándoa, segundo a CIG. Así, esta persoa púxose “moi agresiva”, chegando a “acurralar” á enfermeira e facendo o ademan de golpeala.

“Cando xa tiña o puño levantado, interviñeron outros membros do persoal e usuarios para frear a agresión”, explicaron fontes sindicais, que confirmaron que a afectada, que denunciou xudicialmente os feitos, atópase de baixa. Para denunciar esta nova agresión (no último mes rexistráronse 18 agresións na área de Vigo) e para volver reclamar medidas de protección e de prevención, a Xunta de Persoal convocou unha concentración de protesta este martes ás 12.00 horas na entrada principal do Hospital Meixoeiro.

ÚLTIMAS

Zona Franca e o CTAG alíanse para crear en Vigo un polo tecnolóxico de robots humanoides

O Consorcio Zona Franca de Vigo e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia...

Falece un mariñeiro e outro resulta ferido grave nun accidente no pesqueiro vigués ‘Novo Alborada’ en Irlanda

Un mariñeiro de nacionalidade marroquí faleceu e outro indonesio resultou ferido grave nun accidente...

O PP de Vigo tacha de “tomadura de pelo” os alugueiros de Casa47 pola falta de equipamento básico

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, tachou de "tomadura de pelo" o...

Fillas de Cassandra lanzará na primavera ‘Tertúlia’, o seu segundo disco

O dúo vigués Fillas de Cassandra anunciou que neste 2026 o grupo lanzará o...