InicioSociedadeCondenado a un ano e tres meses de cárcere por ameazas racistas...

Condenado a un ano e tres meses de cárcere por ameazas racistas a unha nova: “Que non me toque os collóns a panchita esa que a mato””

O xulgado do Penal 1 de Vigo condenou a 1 ano e 3 meses de prisión, tras unha vista de conformidade, ao autor dun delito menos grave de ameazas, coa agravante de motivación racista, tras dirixir a unhas nova expresións como "non quero merda peruana aquí".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Penal 1 de Vigo condenou a 1 ano e 3 meses de prisión, tras unha vista de conformidade, ao autor dun delito menos grave de ameazas, coa agravante de motivación racista, tras dirixir a unhas nova expresións como “non quero merda peruana aquí” ou “a min que non me toque os collóns a panchita esa que a mato”. Segundo a sentenza, vítima e acusado mantiveron unha relación de amizade no ano 2023 pero, a partir de novembro dese ano, a relación converteuse en inimizade e enfrontamento, e producíronse numerosas discusións entre ambos e intercambios de insultos e comentarios despectivos por WhatsApp.

Así, a partir de agosto de 2024, o acusado contactou cunha amiga común de ambos e escribiulle mensaxes referíndose a a vítima con termos despectivos: “a min que non me toque os collóns a panchita esa que a mato”, “voulle dar unha patada voadora como me toque os collóns”, “voulle saltar os dentes da boca” ou “que me diga algo máis, que a espero fóra de casa e doulle unha malleira”. Posteriormente, crearon un grupo de WhatsApp no que estaban acusado, vítima e a amiga dela. Cando elas lle pediron que se desculpase, o acusado escribiu mensaxes como: “esa si que se vai cagar, pensa que se foi de rositas”, ou “eu pídoche perdón se ti me pides perdón por estar no meu país”.

Despois de que ela o denunciase, o acusado tratou de porse en contacto coa nova, e comunicouse cunha coñecida de ambos para preguntar onde estudaba “a peruana esta”. Finalmente contactou coa propia vítima por Telegram para afearlle que o denunciou e expúxolle preguntas como “se viñera a España para isto” ou “se o deporte nacional en Perú era denunciar”. Ademais, referíase a ela de forma insistente vexándoa pola súa orixe, e falando da moza como “cor humilde, cor económica”. “Non quero merda peruana aquí”, “xa chegou a cor humilde” ou “coidado cos panxis que vos denuncian” eran algunhas das expresións que utilizaba. Por estes feitos, foi condenado a 1 ano e 3 meses de cárcere, coa prohibición de achegarse ou comunicarse coa denunciante por un tempo de 2 anos e 3 meses, e deberá indemnizar á prexudicada en 100 euros.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...