InicioSociedadeComeza en Vigo a montaxe da árbore de Nadal "máis importante do...

Comeza en Vigo a montaxe da árbore de Nadal “máis importante do planeta”

Terá 45 metros de altura e 100.000 luces led.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves o inicio da montaxe do que denominou “a árbore de Nadal máis importante do planeta”, que estará situado, como cada ano, en Pórtaa do Sol e terá 45 metros de altura e 100.000 luces led.

Segundo explicou en declaracións aos medios, o diámetro da base da árbore medirá 13 metros e a estrela que o coroará terá unha envergadura de 9 metros e medio. En total, a instalación pesará unhas 20 toneladas e completarase de novo co “bosque” de árbores luminosas que estarán na praza, e que ese ano serán 10.

Segundo lembrou Caballero, a cidade terá instaladas esta campaña “case 12 millóns de leds”, con 460 rúas iluminadas, 7.000 motivos ornamentais, a casa de Papá Noel, e outras moitas atraccións. “En Vigo este ano farase o mellor Nadal que se fixo nunca na historia de ningún lugar do mundo. Desde hai 2025 anos nunca houbo nada igual”, proclamou.

Finalmente, Abel Caballero lembrou que o alcalde de Madrid retou ao de Vigo nunha competición polo Nadal en 2015, e a cidade deulle “un repaso”. Logo, o propio Caballero retou ao alcalde de Nova York e convidoulle a visitar a cidade olívica. “Non veu, e xa nin sequera se presenta ás eleccións. O que compite con Vigo queda anulado”, sentenciou a modo de broma.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...