InicioSociedadeReigosa, "máis optimista" sobre alcanzar un acordo para a titulación de Medicina:...

Reigosa, “máis optimista” sobre alcanzar un acordo para a titulación de Medicina: “Buscamos un sistema aínda mellor”

Preguntado sobre se mantén a súa palabra de dimitir como presidente do devandito grupo se non se alcanza un acordo este mes de outubro, confirmou que así será.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, amosouse este martes “máis optimista” sobre poder alcanzar un acordo para a titulación de Medicina no marco do grupo de traballo creado entre a Xunta e as tres universidades galegas. “Mentres non teñamos nada que anunciar, non anunciaremos nada, pero seguimos traballando coa idea de que o sistema sexa aínda mellor que neste momento e que sirva para mellorar os intereses de Galicia”, reivindicou ante os medios de comunicación.

Preguntado sobre se mantén a súa palabra de dimitir como presidente do devandito grupo se non se alcanza un acordo este mes de outubro, confirmou que así será, para amosarse despois “máis optimista” sobre que as conversacións cheguen a bo porto. “Queda traballo por facer”, subliñou, indicando que espera poder presentar diversas alternativas para que os que teñan que tomar as decisións o fagan. Reigosa explicou que hai distintas cuestións sobre a mesa aínda e unha serie de elementos que farán que uns ou outros se sentan máis ou menos cómodos co acordo global, que espera que sexa asinado polas tres universidades e todo o grupo en xeral. “Dependerá do que sexamos capaces de negociar”, sentenciou.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...