InicioSociedadeNove acusados de traficar con droga na zona de Vigo aceptan penas...

Nove acusados de traficar con droga na zona de Vigo aceptan penas de ata 4 anos de cárcere e multas de ata 15.000 euros

Os procesados vendían heroína, cocaína, cannabis, MDMA, ketamina ou LSD a compradores que acudían directamente aos seus domicilios ou que, tras contactarlles por teléfono, citábanse na vía pública.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este xoves unha vista de conformidade na que nove acusados de tráfico de droga (e varios deles tamén por tenencia ilícita de armas) aceptaron penas de entre un e 4 anos de cárcere. Segundo recolle o escrito de Fiscalía, dous dos acusados –eran parella– “adicábanse a vender frecuentemente” distintas drogas a diferentes persoas que acudían ao seu domicilio na cidade olívica para compralas, ou a persoas coas que quedaban en diferentes puntos de Vigo e a súa área, aos que acudían para entregar as sustancias estupefacientes.

Na actividade ilícita tamén participaba outro dos procesados que se desprazaba ao domicilio dos anteriores tanto para adquirir droga para el como para vendela a terceiras persoas. Os procesados vendían heroína, cocaína, cannabis, MDMA, ketamina ou LSD a compradores que acudían directamente aos seus domicilios ou que, tras contactarlles por teléfono, citábanse na vía pública.

Neste contexto, en xuño de 2024 os axentes rexistraron varios domicilios dos procesados, onde se incautaron de estupefacientes, material para a súa preparación e venda –básculas de precisión, bolsas de envasado ao baleiro e cadernos con anotacións–. Durante os rexistros, os axentes localizaron unha pistola Beretta co número de serie borrado e apta para o disparo, unha carabina de aire comprimido con mira telescópica, un ‘táser, unha navalla tipo bolboreta e un machete. Inicialmente, o Ministerio Público solicitaba penas de entre dous anos e medio e 9 anos de cárcere, pero tras o acordo rebaixou a petición.

Deste xeito, tras recoñecer os feitos, a parella procesada aceptou 4 anos de prisión para cada un e o pago dunha multa de 8.000 euros. O resto de acusados aceptou tamén penas de entre un e 4 anos de cárcere, e un deles quedará en liberdade, ao aceptar unha pena de tres anos e estar xa máis dun ano en prisión preventiva; ademais, outro dos procesados será trasladado ao módulo terapéutico do cárcere. Ademais destas penas privativas de liberdade, os acusados aceptaron o pago de multas entre 150 e 15.000 euros. Catro dos nove procesados están en prisión, algúns cumprindo condena por outras causas.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...

A Audiencia de Pontevedra xulga a semana que vén a dous homes por agresións sexuais a menores

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá a vindeira semana dous xuízos...

O Ministerio de Transportes anuncia o corte total da VG-20 sentido Vigo polas obras no viaduto de Porto

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable anunciou que a partir das 08:00 horas...