InicioSociedadePrisión para o detido por matar á traballadora de axuda a domicilio...

Prisión para o detido por matar á traballadora de axuda a domicilio do Porriño

A xuíza do Tribunal de Instancia do Porriño, praza 1, decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xuíza do Tribunal de Instancia do Porriño, praza 1, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do investigado pola morte dunha auxiliar de axuda a domicilio. Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), esta medida terá que executarse, tal e como acordou a xuíza, nun módulo terapéutico ou institución análoga.

O home, que foi internado desde entón nunha unidade psiquiátrica de Vigo e acudiu este venres ao xulgado, está investigado por un delito de asasinato, sen prexuízo do que depare a causa. Os feitos sucederon a finais de xullo nunha das casas do Porriño ás que a traballadora acudía con regularidade situada na parroquia de Atios. A traballadora xa denunciaría unha situación de acoso ocorrida na vivenda onde foi asasinada.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...