InicioSociedadeCardioloxía do Cunqueiro utiliza por primeira vez a nivel mundial unha nova...

Cardioloxía do Cunqueiro utiliza por primeira vez a nivel mundial unha nova técnica para repor unha prótese aórtica

Nun comunicado, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou de que esta intervención foi realizada nas últimas semanas a un paciente de 77 anos de idade e consistiu no emprego dunha nova técnica TAVI que permite reposicionar a prótese Allegra, con sistema de entrega Imperia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O servizo de Cardiología do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo realizou o primeiro implante a nivel mundial mediante unha nova técnica de reposición dunha prótese aórtica percutánea, que ofrece unha maior precisión para tratar a estenosis aórtica. Nun comunicado, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou de que esta intervención foi realizada nas últimas semanas a un paciente de 77 anos de idade e consistiu no emprego dunha nova técnica TAVI que permite reposicionar a prótese Allegra, con sistema de entrega Imperia, obtendo unha maior precisión na posición final e maior rendemento da válvula implantada.

Isto, tal como indicou o Sergas, reduce previsiblemente a taxa de morte ou de reingreso por insuficiencia cardíaca neste tipo de pacientes. A operación foi dirixida polo doutor José Antonio Baz Alonso, xefe da sección intervencionista de Cardioloxía do Chuvi. “Esta técnica, que é a primeira vez que se emprega neste tipo de válvulas a nivel mundial, chega froito dun proxecto internacional de investigación previa no que o servizo de Cardioloxía foi o que máis pacientes e casos de estudo incluíu”, indicou Baz.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...