InicioSociedadeXulgan este mércores aos dous acusados de roubar 117.500 euros nun Abanca...

Xulgan este mércores aos dous acusados de roubar 117.500 euros nun Abanca de Vigo

Os acusados enfróntanse a 5 anos de prisión, nun caso, e a 4 anos e 8 meses, no outro. Os procesados son M.A.F.O., alias 'Migallas', e J.J.T.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este mércores, 18 de xuño, aos dous supostos autores dun atraco cometido nunha sucursal de Abanca da cidade de Vigo en 2023. Os acusados enfróntanse a 5 anos de prisión, nun caso, e a 4 anos e 8 meses, no outro. Os procesados son M.A.F.O., alias ‘Migallas’, e J.J.T. Este xuízo foi suspendido a finais do mes de abril de 2025 pola ausencia dun dos avogados defensores, o que supuxo pospolo para este 18 de xuño.

Os feitos ocorreron preto das 14.00 horas do día 14 de abril de 2023, cando os dous acusados supostamente entraron na oficina de Abanca do número 69 de Avenida de Martínez Garrido. Un deles ía ataviado con perruca, lentes e máscara, e o outro con gorra e braga de pescozo; ambos exhibían o que parecían pistolas. Unha vez na oficina, intimidaron ao director, á subdirectora, a dúas empregadas e a un cliente, a quen levaron ao recinto onde se sitúa a caixa forte. Alí, esixiron que se activase a apertura da devandita caixa, así como da máquina dispensadora de diñeiro do mostrador e de dous caixeiros.

A subdirectora e unha empregada procederon á apertura dos devanditos dispositivos, mentres os atracadores lles ameazaban con “empezar os tiros” se algún dos presentes activaba calquera sistema de alarma. Tras esperar polos tempos de retardo das caixas, lograron facerse cun botín de 117.465 eurosUn dos atracadores esixiu ao director que lle entregase as chaves do seu coche, un BMW que estaba estacionado fóra, e os ladróns fuxiron do lugar no vehículo. O coche foi localizado posteriormente pola Policía, e non tiña danos.

Días despois, a Policía detivo aos atracadores e puido recuperar parte do diñeiro roubado, algo máis de 32.000 euros. Ademais, a un dos sospeitosos, intervíronselle 15,5 gramos de heroína. A Fiscalía considera aos procesados autores dun delito de roubo con intimidación, coa agravante de uso de disfrace e, no caso dun deles, coa agravante de reincidencia, xa que foi condenado por outro roubo con violencia. Para un deles pide 4 anos e 8 meses de prisión, e para o outro, o que é reincidente, 5 anos de cárcere. Así mesmo, reclama que ambos devolvan o diñeiro roubado a Abanca (descontada a parte recuperada).

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...