InicioSociedadeAnpas de Vigo recollerán firmas para pedir no Parlamento que alumnos con...

Anpas de Vigo recollerán firmas para pedir no Parlamento que alumnos con necesidades vaian a aulas ordinarias

A ONU pediu que en 2026 se eliminasen estas aulas, que tachou de "guetos", de modo que os alumnos con necesidades específicas poidan estar en clase co resto de compañeiros, pero coa asistencia de profesores de apoio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnado de Vigo e Comarca (Foanpas) iniciarán unha recollida de firmas para levar ao Parlamento galego unha iniciativa lexislativa popular (ILP) para pedir a eliminación das “aulas inclusivas”, comunmente coñecidas como ‘aulas de apoio’, e que os alumnos con necesidades vaian a clase co resto de compañeiros e reciban alí a atención específica que precisan.

A presidenta desta entidade, Iria Salvande, acudiu este mércores ata a Cámara autonómica para rexistrar esta petición. A partir de agora, deberán recompilar 10.000 rúbricas para que logo un grupo parlamentario rexistre a iniciativa para o seu debate no pleno. En declaracións aos medios, Salvande explicou que a ONU pediu que en 2026 se eliminasen estas aulas, que tachou de “guetos”, de modo que os alumnos con necesidades específicas poidan estar en clase co resto de compañeiros, pero coa asistencia de profesores de apoio.

Foanpas quere que “a inclusión sexa real”, porque agora mesmo hai nenos con necesidades que “se derivan a aulas inclusivas que non son inclusivas”, senón que o que fan é “estigmatizar e dividir ás crianzas, que non poden desenvolverse nin participar no devir diario dos centros”. “A inclusión é saber que hai xente diferente, que hai diferentes formas de aprender e que o que hai que facer é apoiar a esas criaturas para que teñan unha integración real na sociedade”, recalcou.

A presidenta da federación asegurou que isto non ocorre só na zona de Vigo, senón en “o resto de Galicia”, mentres a Consellería de Educación di “que estamos na mellor das situacións posibles, que hai profesores de apoio dabondo”. Agora que deben iniciar o labor de recollida de firmas, Foanpas buscará reunirse co presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e cos grupos parlamentarios –PP, BNG, PSdeG e Democracia Ourensana–.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...