InicioSociedadeO dono do Saltamontes no que se produciu o accidente mortal en...

O dono do Saltamontes no que se produciu o accidente mortal en Matamá acóllese ao seu dereito a non declarar

Foi na madrugada do venres para o sábado, 3 de agosto, cando un mozo de 36 anos faleceu nas festas de Matamá, en Vigo, tras romper un brazo dunha atracción de feira e quedar encaixado na estrutura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O propietario do Saltamontes no que se produciu o accidente mortal o verán pasado en Vigo acolleuse ao seu dereito a non declarar tras ser citado como investigado polo Xulgado de Instrución número 3 da cidade olívica, que na actualidade trata de dilucidar o caso. A pesar de acudir na mañá deste xoves ante o xuíz, o home acolleuse ao seu dereito de non declarar. Tanto este home, como o presidente e a propia comisión de festas foron citados como investigados polos feitos por un presunto delito de lesións. Precisamente Cristian González acudirá ante xuíz a finais do mes de maio.

Pola súa banda, o avogado da muller que estaba co falecido no momento dos feitos, Francisco Méndez, indicou aos medios de comunicación que aínda está pendente que o xulgado resolva un recurso presentado despois de que se desestimase citar como investigados a algúns representantes municipais. En concreto, referiuse á concelleira de Festas, Patricia Rodríguez, e á responsable da área de Seguridade e outros dous técnicos locais que emitiron informes relacionados co estado da atracción accidentada.

FEITOS

Foi na madrugada do venres para o sábado, 3 de agosto, cando un mozo de 36 anos faleceu nas festas de Matamá, en Vigo, tras romper un brazo dunha atracción de feira e quedar encaixado na estrutura. O home, veciño da cidade olívica e natural de Viana do Bolo, estaba acompañado dunha muller, que saíu ilesa do accidente. A partir de aí, comezou unha investigación xudicial para esclarecer o ocorrido, imputándose agora ao presidente da comisión de festas, á entidade e ao propietario do Saltamontes.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...