InicioPolíticaO BNG urxe declarar a "emerxencia habitacional" en Vigo pola "escalada de...

O BNG urxe declarar a “emerxencia habitacional” en Vigo pola “escalada de prezos”

O portavoz municipal, Xabier Pérez Igrexas, referiuse a limitar os prezos nos novos contratos, a permitir prórrogas adicionais nas mesmas condicións ou a incentivos fiscais á rebaixa dos alugueres

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo urxiu iniciar esta semana os trámites para a declaración da cidade como zona de mercado residencial tensionado ante a “emerxencia habitacional” pola “escalada de prezos” da vivenda.

Nun comunicado, os nacionalistas tomaron esta decisión tras coñecer as principais conclusións do estudo encargado polo Concello, vendo “imprescindible” que se declare Vigo como zona tensionada para pór en marcha medidas de contención de prezos.

Entre elas, o portavoz municipal, Xabier Pérez Igrexas, referiuse a limitar os prezos nos novos contratos, a permitir prórrogas adicionais nas mesmas condicións ou a incentivos fiscais á rebaixa dos alugueres.

Igrexas defendeu estas iniciativas como “vitais” a pesar de ser un “paliativo insuficiente” ante o “grave problema de acceso á vivenda”. Segundo el, isto podería significar unhas rebaixas de entre 50 e 100 euros mensuais nos alugueres, converténdose nun “freo” para a “escalada insoportable” dos prezos.

Ante isto, lamentou a “preocupante e irresposable evasiva” do goberno local, que se “nega” a confirmar se vai solicitar a declaración de Vigo como zona tensionada.

“O gravísimo problema do acceso social á vivenda esixe de medidas e decisións xa, non basta con declaracións e anuncios ocos nin con medidas aparenciales”, reivindicou.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...