InicioSociedadeUn acusado de abuso e agresión sexual a unha menor de 16...

Un acusado de abuso e agresión sexual a unha menor de 16 anos confesa os feitos e acepta 4 anos e 3 meses de cárcere

Para o home, Fiscalía solicitaba ata 20 anos de prisión. Finalmente foi condenado a 4 anos e 3 meses tras acordalo entre as partes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un acusado de varios delitos de abuso e agresión sexual a menor de 16 anos en Vigo confesou os feitos e aceptou unha pena de 4 anos e 3 meses de prisión. Así o fixo na vista levada a cabo na mañá deste martes na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica, onde foi condenado por un delito de abusos sexuais sobre unha menor de 16 anos con acceso carnal, un delito continuado de abuso sexual tamén sobre menor e un delito de agresión sexual sobre menor de 16.

En concreto, polo primeiro delito foi condenado a 2 anos de cárcere, así como a un ano de prisión polo segundo e a un ano e tres meses polo terceiro. En total, tamén se pediron ata 15 anos de prohibición para exercer calquera oficio ou actividade que leve trato con menores de idade (6 polo primeiro delito, 4 polo segundo e 5 polo terceiro). Así mesmo, foi condenado a 11 anos de prohibición de achegarse ou contactar coa vítima (5 polo primeiro delito, e 3 polo segundo e o terceiro) e a 15 anos de liberdade vixiada (5 por cada un dos delitos).

Como responsabilidade civil, o home terá que pagar 20.000 euros á nova, dos que 15.000 euros xa foron achegados. Por iso é polo que se apreciase a circunstancia atenuante de reparación parcial do dano e a atenuante cualificada de dilacións indebidas. Os feitos tiveron lugar no verán de 2019. Para o home, Fiscalía solicitaba ata 20 anos de prisión. Finalmente foi condenado a 4 anos e 3 meses tras acordalo entre as partes.

ÚLTIMAS

Un motorista morre nun accidente na Avenida do Aeroporto de Vigo

Un motorista faleceu na noite deste mércores en Vigo despois de sufrir un accidente...

Unha avaría eléctrica deixa sen luz uns 3.500 usuarios en Vigo

Unha avaría nunha liña eléctrica subterránea de media tensión provocou este xoves cortes na...

Aprazan o Celta-Osasuna ao 27 de agosto e levanta rebumbio

O RC Celta de Vigo informou do adiamento do seu partido ante o CA...

Falece un motorista nunha rotonda da Avenida do Aeroporto en Vigo

Un motorista perdeu a vida na noite deste pasado mércores en Vigo tras sufrir...