InicioSociedadeO BNG esixe transparencia sobre as modificacións incluídas no novo PXOM

O BNG esixe transparencia sobre as modificacións incluídas no novo PXOM

Advertiu de que o goberno local de Abel Caballero recoñeceu eses cambios, e lembrou que, xa entre a aprobación inicial e a aprobación provisional do plan, "coáronse pola porta de atrás" outras modificacións, como "a legalización do pelotazo urbanístico de Cabo Estai" ou o cambio de zona verde a chan dotacional de 25.000 metros cadrados da 'carballeira' de Casaliños en Navia, para a construción do chamado Vigo Arena.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo esixiu este luns ao goberno local “transparencia” acerca das modificacións introducidas no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), e que van máis aló das correccións requiridas nos diferentes informes sectoriais.

Nun comunicado remitido aos medios, o grupo nacionalista advertiu de que o goberno local de Abel Caballero recoñeceu eses cambios, e lembrou que, xa entre a aprobación inicial e a aprobación provisional do plan, “coáronse pola porta de atrás” outras modificacións, como “a legalización do pelotazo urbanístico de Cabo Estai” ou o cambio de zona verde a chan dotacional de 25.000 metros cadrados da ‘carballeira’ de Casaliños en Navia, para a construción do chamado Vigo Arena.

“Preguntámonos que novas sorpresas imos atoparnos esta vez”, cuestionou o portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, que tamén censurou a “nula vontade” do goberno local de liquidar a falta de participación na elaboración da PXOM. “Caballero insiste en impor un PXOM elaborado na escuridade dos despachos, que defende un modelo de cidade gris, que castiga as parroquias rurais, que renuncia a despregar un modelo de mobilidade alternativa, e que non vai resolver os graves problemas de acceso social á vivenda”, proclamou.

Segundo o edil nacionalista, o goberno vigués “volve pór a alfombra vermella á especulación”, e insiste en “desatender o clamor veciñal” contra actuacións como o novo tramo da A-52 ou o viario PO-010. Por iso, o BNG volveu a reclamar “diálogo e transparencia” para definir o futuro modelo de cidade, algo que “o absolutismo de Abel Caballero” negou aos veciños durante a tramitación do documento urbanístico. Respecto diso, Pérez Igrexas insistiu en pedir que se convoque o Consello Sectorial de Urbanismo, para que tamén os movementos sociais poidan “tomar a palabra” sobre o PXOM, á vez que reclamou tamén que se actualice o visor web do Plan para coñecer os cambios introducidos.

ÚLTIMAS

Radiólogos de Vigo ven “insuficiente” a proposta de reforzo do Sergas e convocan unha concentración o luns 20

Radiólogos de Vigo cualificaron de "insuficiente" a proposta de reforzo exposta polo Servizo Galego de...

O comité da auxiliar de automoción Borgwarner convoca folga indefinida a partir do 15 de outubro

O comité de empresa da auxiliar de automoción Borgwarner, con centros de traballo en Vigo,...

Estas son as prazas aprobadas pola UVigo na súa OPE 2025 para persoal docente e investigador e de xestión e administración

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este venres a súa oferta pública...