InicioSociedadeO TSXG confirma 11 anos de cárcere para o exGrapo que disparou...

O TSXG confirma 11 anos de cárcere para o exGrapo que disparou a un veciño de Vigo no parque de Castrelos

A defensa presentou recurso ante o TSXG alegando que non houbo intención de matar e que o acusado actuou levado por un medo insuperable, xa que previamente ambos tiveran unha pelexa, tamén polos cans, e o procesado resultara lesionado. O alto tribunal galego sinala que estaba acreditado o dolo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra que condenou a 11 anos de prisión ao exGrapo Manuel B.G. por tentar matar a un veciño da cidade Vigo, ao que disparou na contorna do parque de Castrelos, tras varios ‘encontróns’ entre ambos por problemas cos seus cans. Os feitos ocorreron en setembro de 2023 e a sección quinta da Audiencia Provincial condenouno como autor dun delito de asasinato en grao de tentativa e outro de tenencia ilícita de armas.

A defensa presentou recurso ante o TSXG alegando que non houbo intención de matar e que o acusado actuou levado por un medo insuperable, xa que previamente ambos tiveran unha pelexa, tamén polos cans, e o procesado resultara lesionado. Con todo, o alto tribunal galego sinala que estaba acreditado o dolo e que, por contra, non se puido demostrar que Manuel B.G. tivese un medo insuperable, tal e como se evidencia no vídeo gravado pola propia vítima. Ademais, engade que a pelexa previa tampouco xustificaría a existencia dese medo. Respecto diso, en todo caso, o TSXG sinala que o acusado tiña “alternativas máis acordes cun comportamento normal”, antes que enfrontarse directamente coa persoa “que lle causaba ese pretendido medo”. Para o Tribunal, é “incuestionable” que a vítima non lle atacou e que ao acusado “bastoulle darse a volta sen máis” antes que emprendela a tiros.

Finalmente, apunta que “non pode sosterse (que o procesado) non tivese escapatoria” e, ademais, el mesmo intimidou á vítima apuntándolle e disparando coa pistola, despois de ameazalo e advertirlle de que fora membro do Grapo. Nese sentido, ve probado o ánimo de matar e lembra que sacou a pistola “case sen aviso”, estando a escasos metros do prexudicado, que puido refuxiarse tras unha árbore porque, ao primeiro intento, a pistola se encasquillou. Ademais de confirmar a pena de prisión, o TSXG tamén ratificou que Manuel B.G. debe indemnizar á vítima en 3.804 euros polos días que estivo de baixa e polos danos morais.

ÚLTIMAS

Detido tras ser sorprendido roubando no interior de varios vehículos

A Policía Local de Vigo detivo nas últimas horas a un home de 40...

Axentes da Policía Nacional salvan a vida a unha muller que se desvaneceu na rúa en Vigo

A rápida intervención de dous axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo permitiu...

Calor sufocante e frío extremo nas dependencias da Policía de Vigo

Os sindicatos JUPOL e CSIF denunciaron ante a Inspección de Traballo a situación que...

Vigo mantén “vixilancia máxima” nas súas zonas forestais para previr incendios

O Concello de Vigo mantén activa a "vixilancia máxima" en zonas forestais da cidade...