InicioSociedadeFiscalía pide case 22 anos de prisión para o home que matou...

Fiscalía pide case 22 anos de prisión para o home que matou dun disparo a outro no barrio vigués de Coia en abril de 2024

O acusado padece trastornos mentais e de comportamento por consumo de alcol e opioides, e tamén un trastorno de actividade e atención, polo que as súas facultades volitivas estaban "levemente" mermadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman case 22 anos de cárcere para José Luís M.C., como suposto autor dun delito de asasinato con aleivosía e outro de tenencia ilícita de armas, tras matar dun disparo a outro home no barrio vigués de Coia, en abril de 2024. Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron cando a vítima se presentou no domicilio do acusado, na Rúa de Abaixo, e este, de forma sorpresiva, abriulle a porta e disparoulle dúas veces cunha escopeta de caza.

Un dos disparos impactou á vítima, coñecido do acusado, na cara e causoulle a morte, mentres que outro foi a dar contra un vehículo estacionado, provocando danos materiais. A Fiscalía sostén que, no momento dos feitos, José Luís atopábase baixo os efectos do cannabis e a cocaína. Ademais, sinala que o acusado padece trastornos mentais e de comportamento por consumo de alcol e opioides, e tamén un trastorno de actividade e atención, polo que as súas facultades volitivas estaban “levemente” mermadas. Por iso, pide que se lle aplique a circunstancia atenuante de alteración psíquica.

En vista dos feitos, o Ministerio Público pide unha condena de 19 anos e 11 meses polo delito de asasinato, e de 1 ano e 11 meses pola tenencia da escopeta, sen licenza e co número de serie parcialmente limado e ilexible. En concepto de responsabilidade civil, reclama que o acusado inmdenice aos familiares do falecido (pais, irmás e fillos) en cantidades que suman case 374.000 euros, ademais doutros 4.700 euros polos gastos do enterro e outros 609 euros ao propietario do vehículo que resultou danado por un dos disparos.

DETENCIÓN E DECLARACIÓN ANTE O XULGADO

O acusado foi detido momentos despois dos feitos e, na súa declaración ante o xulgado de instrución número 2 de Vigo, asegurou que disparou á vítima porque este home previamente o ameazou cunha machada. Segundo manifestou nese momento, actuou en defensa propia porque o falecido presentouse na súa casa cunha machada e non era a primeira vez que o ameazaba ou mesmo que o agredía. José Luís M.C. vinculou o sucedido coas diferenzas existentes entre ambos os relacionadas co tráfico de estupefacientes, xa que a vítima era quen, asegurou, fornecíalle droga para a súa posterior venda ao ‘menudeo’, e el non estaba de acordo coa forma en que xestionaba o ‘negocio’. Tras a súa declaración no xulgado, o investigado ingresou en prisión provisional, onde permanece desde entón.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...