InicioSociedadeO Sergas volve ampliar ata o vindeiro luns o prazo para que...

O Sergas volve ampliar ata o vindeiro luns o prazo para que Povisa presente unha oferta para o novo contrato

Esta sería a terceira ampliación do prazo inicialmente previsto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade volveu a ampliar ata o vindeiro luns, día 24 de febreiro, o prazo para que Ribeira Povisa presente unha oferta para o novo contrato de servizos sanitarios na área de Vigo. Segundo fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) consultadas por Europa Press, a Xunta decidiu estender a data tras unha nova solicitude da compañía. Esta sería a terceira ampliación do prazo inicialmente previsto. “De acordo co recolleito na normativa de procedemento administrativo e tendo en conta as ampliacións xa realizadas, esta ampliación non pode ter unha duración superior a 5 días hábiles”, subliñou o Sergas, situando a data límite o luns 24.

Todo iso despois de que a finais de ano o Goberno galego autorizase lanzar o contrato con Povisa por case 195 millóns de euros e unha vixencia inicial de dous anos. Con todo, o contrato sufriu un cambio importante: pasa de ser un concerto a un contrato de servizos, polo que debía saír a licitación e que a empresa se presentase ao proceso. Hai dúas semanas, o Goberno galego xa ampliou o prazo ata o pasado luns tras pedir o centro privado explicacións sobre certas dúbidas de interpretación da documentación. O luns 10, cando acababa o novo prazo, volveu estenderse unha semana máis ata o 17. Agora, amplíase de novo.

ÚLTIMAS

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...

O cidadán “exemplar” de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou no caixeiro

Un cidadán entregou á Policía Nacional 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro...

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...