InicioSucesosA defensa de Santórum acusa os investigadores de querer "prexudicalo" no xuízo...

A defensa de Santórum acusa os investigadores de querer “prexudicalo” no xuízo polo caso ‘Karar’

A defensa remarcou que "non hai forma de vincular" aos seus clientes co cargamento de droga, "ningún indicio incriminatorio", e engadiu que tampouco dispuñan de embarcacións "aptas para saír ao mar"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A avogada de Juan Carlos Santórum, que defende tamén a outros seis acusados da contorna do arousán, sinalou este xoves que non hai proba algunha que vincule aos seus patrocinados co alixo de de 3,8 toneladas de cocaína intervidas a bordo do buque Karar, en abril de 2020, e sinalou que a investigación policial deste narcotransporte dirixiuse a “prexudicar” a estes acusados, polo que pediu a libre absolución.

Na presentación do seu informe final ante o tribunal da sección quinta da Audiencia Provincia de Pontevedra, a avogada Carmen Ventoso remarcou que “non hai forma de vincular” aos seus clientes con ese cargamento de droga, “ningún indicio incriminatorio”, e engadiu que tampouco dispuñan de embarcacións “aptas para saír ao mar”. “Onde está o seu caso, señor Fiscal?”, cuestionou.

A letrada foi moi dura coa actuación policial, e cos informes dos investigadores, nos que “non hai máis que especulacións”, e criticou especialmente o proceder do instrutor da investigación, un exjefe policial que, actualmente, está investigado por un xulgado de Murcia pola súa presunta vinculación co narcotráfico. “Hai que valorar a súa credibilidade non temos ningún problema coa Policía, con este instrutor si”, engadiu, e lembrou que o funcionario declarou neste xuízo estando suspendido, imputado e en liberdade provisional.

Igualmente, subliñou que as investigacións iniciais en torno ao Karar apuntaban a outra organización criminal, “que si contaba cos medios materiais” para levar a cabo unha operación de alixo destas características, pero a Policía “ocultoullo ao xulgado”.

Esta defensa expuxo varios motivos de nulidade do procedemento, alegando vulneración de dereitos e indefensión, e remarcou que a propia Audiencia Provincial sinalou, nos autos de posta en liberdade provisional dos investigados, que non se podían vincular á droga do Karar. Así mesmo, pediu ‘expulsar’ do procedemento varias probas, ao non poder garantirse a cadea de custodia e a veracidade, como a foto de papel atopado nunha nave en Vinquiño cunhas coordenadas anotadas, ou as cartas náuticas intervidas.

Por outra banda, tamén insistiu en que a confesión dos tripulantes do Karar, “collidos nas patacas”, foi resultado dun acordo coa Fiscalía para lograr unha rebaixa da pena. “Levaban a lección aprendida durante 4 anos, para soltala e punto. Hai que valorar a súa credibilidade”, apuntou.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...